Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

15/08/22 | 16:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con 60.000€ o programa de asesoramento a familias de persoas con TDAH da fundación Ingada

A iniciativa ten como finalidade as persoas con este trastorno poidan desenvolver axeitadamente as súas habilidades de aprendizaxe e socialización, así como superar situacións de necesidade e risco social

15/08/22 | 12:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa un verán accesible co campamento para persoas con discapacidade ‘Natureza xunto ao mar’

Nesta actividade, que forma parte da oferta específica de campamentos para persoas con discapacidade, participan 30 usuarios de entre 19 e 50 anos
 

12/08/22 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia o reparto de preto de 741.000 € en axudas a 56 entidades da área de Vigo beneficiarias do Plan Específico de acción comunitaria

A delegada territorial da Xunta visitou a Asociación de Veciños, Consumidores e Usuarios de Beade que prevé, no marco desta orde, a instalación no centro dunha plataforma elevadora e a renovación de equipamento nas aulas do edificio
 

11/08/22 | 13:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta enxalza a natureza autóctona a través do campo de voluntariado de Ribeira

Durante case dúas semanas 15 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos realizan traballos ambientais e labores de mantemento dos espazos naturais da zona
 

11/08/22 | 10:20 | C. de Sanidade

A Xunta publica a convocatoria das axudas para programas promovidos por concellos para a prevención de condutas adictivas, que incrementa nun 13% o seu orzamento

As axudas chegan aos 2,5 millóns de euros co obxecto de aumentar o número de concellos que poidan acadar unha subvención e incrementar así a cobertura dos programas

09/08/22 | 14:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa o labor de 16 entidades socioasanitarias coa entrega de 12 locais do Espazo Amizar

O vicepresidente segundo formalizou hoxe a cesión das dependencias da antiga sede de Sanidade na Coruña reservadas ao tecido asociativo
 

09/08/22 | 11:12 | C. de Sanidade

A Xunta renova a súa terceira resonancia magnética móbil logo de procederse á súa adxudicación por un importe de 891.680 euros

Grazas a esta tecnoloxía, os pacientes galegos aforran milleiros de quilómetros en desprazamentos, garantíndose a igualdade na asistencia a aquelas persoas que viven lonxe dos seus centros de referencia

05/08/22 | 13:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a orde de axudas a entidades sociais á que se destinan 7,2 M€

Esta convocatoria incrementa ata un 40 % as achegas para o funcionamento de comedores sociais, albergues e centros de acollida

04/08/22 | 17:17 | A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor o paquete de medidas da Xunta destinadas a axudar as familias en colaboración coas entidades sociais e locais de Galicia

Contará cun investimento de preto de 33 M€ e nelas inclúese a orde de axudas a entidades con cargo ao 0,7% do IRPF, á que este ano se destinarán 19,1M€