Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

08/06/22 | 13:22 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para o adianto da PAC

Estas subvencións permitirán adiantar aos agricultores e gandeiros galegos uns 200 millóns de euros das achegas da Política Agrícola Común, financiando os xuros cun custo para a Administración autonómica de 3,4 millóns de euros

07/06/22 | 18:44 | C. do Medio Rural

A Xunta destina este ano 2,1 M€ a apoiar o funcionamento dos Consellos Reguladores dos viños e augardentes galegos e o seu labor de promoción e de control da calidade

José Gonzalez reafirmou a aposta do Goberno galego pola internacionalización dos nosos viños e augardentes, que se manifesta a través da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia e coa futura Lei da calidade alimentaria, entre outras iniciativas

07/06/22 | 15:19 | C. do Medio Rural

A Xunta e Acruga avanzan no impulso ao sector gandeiro de vacún de Galicia

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo un encontro de traballo cos responsables desta Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de raza Rubia Galega

07/06/22 | 12:48 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a declaración de utilidade pública das aldeas modelo do Seixo na Gudiña, Carzoá en Cualedro, Covelo en Taboadela, Francos de Proendos en Sober e Mouteira-Parada en Cerdedo-Cotobade

Trátase das primeiras cinco aldeas declaradas tras a entrada en vigor da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e ás que se lle aplicará esta novidade, que implica o recoñecemento da existencia de razóns de interese público para a tramitación de urxencia do seu procedemento e dos informes ambientais e sectoriais respectivos

07/06/22 | 10:46 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia a exposición pública do parcelario do proxecto básico dos polígonos agroforestais de Cualedro e de Oímbra

A revisión do parcelario é a primeira das actuacións do proxecto básico e consiste na comprobación sobre o terreo da precisión das parcelas existentes mediante revisión das estremas das fincas

06/06/22 | 16:50 | C. do Medio Rural

Galicia traslada ao Goberno central os resultados do informe de custos no vacún de carne que constata a situación xeneralizada de venda a perdas no sector

José González pediu ao ministro Planas que se implique con forza para facer fronte a esta realidade e que traballe para facer cumprir a Lei nacional da cadea alimentaria, que prohibe expresamente a venda a perdas

06/06/22 | 14:30 | C. do Medio Rural

A Xunta formará á totalidade dos técnicos e responsables das diferentes Oficinas Agrarias Comarcais sobre a Lei de recuperación da Terra Agraria de Galicia

O subdirector de mobilidade de terras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural impartirá esta formación ao longo dos meses de xuño e xullo nas catro capitais de provincia

06/06/22 | 11:22 | C. do Medio Rural

Comeza unha nova edición das catas oficiais dos viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia que organizan a Xunta e os consellos reguladores

Este ano cataranse un total de 405 mostras, das cales 374 son de viño de 155 adegas e 31 mostras de augardentes e licores pertencentes a 12 empresas

04/06/22 | 20:22 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor na Festa do viño tinto de Cenlle o compromiso da Xunta con ese sector

José González salientou tamén a importancia da aldea modelo de Osmo, a primeira posta en marcha en Galicia, na dinamización do territorio e da produción agrogandeira deste municipio ourensán