Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta anima na Estrada ás pemes e microempresas galegas, especialmente do rural, a apostar pola innovación para chegar a novos mercados
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe no municipio pontevedrés na iniciativa Camiño da Innovación, que está a percorrer 18 concellos de Galicia
A Xunta difunde as vantaxes de innovar entre as pemes da comarca do Xallas a través da iniciativa 'Camiño da innovación'
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Santa Comba neste proxecto que está a percorrer toda Galicia para impulsar a competitividade das pequenas e medianas empresas situadas fóra dos núcleos urbanos
A Xunta anima ás pemes da comarca de Caldas a innovar para ser competitivas e medrar
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe no municipio pontevedrés na iniciativa Camiño da Innovación, que inclúe 18 paradas por toda Galicia
A Xunta subliña que a alianza entre Gradiant e EnergyLab suporá un impulso á industria intelixente e sostible
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Vigo na presentación desta colaboración, que permitirá desenvolver solucións innovadoras integrando a intelixencia artificial coa enerxía e a sostibilidade
Galicia contará cun investimento de 19,6 M€ para seguir avanzando no Polo de Tecnoloxías Cuánticas, na biotecnoloxía aplicada á saúde e nas ciencias mariñas
A través destes plans complementarios de I+D+i do Estado asinados esta semana, Galicia terá a oportunidade de crear sinerxías con outras comunidades e coordinar as distintas capacidades para seguir modernizando a súa economía e transformando o modelo produtivo
‘Camiño da innovación’ desprázase o luns a Caldas de Reis para achegar as oportunidades de innovar ás pemes da contorna
Trátase da sexta parada das 18 que fará o tráiler polas catro provincias galegas nos meses de novembro e decembro
A Xunta anima ás pemes da comarca de Ordes a innovar para ser máis competitivas e chegar a novos mercados
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe no municipio coruñés de Ordes na iniciativa Camiño da Innovación, que está a percorrer toda Galicia a través de 18 paradas
A Xunta subliña a aposta da empresa lucense Cerna por optimizar a xestión forestal a través da innovación
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou a compañía, que puxo en marcha un plan de innovación co apoio do programa InnovaPeme, que lle permitiu ampliar e mellorar a súa carteira de servizos
A Xunta anima ás pemes da comarca da Coruña a innovar para ser competitivas e medrar
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Bergondo na iniciativa Camiño da Innovación, que está a percorrer 18 concellos de Galicia
A Xunta destaca a importancia de contar neste contexto de transformación dixital coa confianza de empresas líderes no sector TIC como SoftwareOne
Pon en valor que escollera Galicia e apostase por Galicia para instalar un dos dous novos centros de servizos para toda Europa