Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta publica a orde que facilita a execución de obras menores nas marxes das estradas autonómicas e locais sen autorización autonómica
O Diario Oficial de Galicia recolle o modelo de comunicación previa para desenvolver actuacións menores nas estradas, que debe presentarse cunha antelación mínima de 15 días ao seu inicio e executarse no prazo máximo de 1 ano
Ethel Vázquez informa da licitación hoxe das obras da 2ª fase de posta en valor da Ponte Romana e da mellora da rúa Marcelo Macías, en Ourense, que comezarán en verán
Vázquez Mourelle sinala que as empresas interesadas en executar os traballos dispoñen ata o 16 de marzo para presentar as súas ofertas
Un total de 24 empresas presentan as súas ofertas para executar a senda peonil entre o albergue de peregrinos e o centro de Ordes, cun investimento de preto de 650.000 euros
Este itinerario desenvolverase pola marxe dereita da estrada AC-524 e permitirá separar o tráfico peonil do tráfico rodado nun itinerario de case 1,3 quilómetros, proxectándose tamén unha pasarela para salvar o río Cabrón
Un total de 14 empresas presentan as súas ofertas para executar a primeira fase do desdobramento da VAP Nadela-Sarria, cun investimento de 24,6 millóns de euros
Este proxecto, cuxas obras comezarán a mediados de ano, arrincará con 11,5 quilómetros entre A Pobra de San Xiao e Sarria Centro
A Xunta analiza cos veciños de Valadares e cos comerciantes de Pereiró o proxecto de mellora da estrada PO-330 no concello de Vigo
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convidou aos destinatarios da actuación a formular as súas demandas concretas sobre as obras
A Xunta inicia as obras de mellora e integración paisaxística do Camiño Francés no barrio compostelán de San Lázaro, cun investimento duns 730.000 euros
Os traballos están a acometerse desde a pasada semana no treito que dá acceso ao Palacio de Congresos de Galicia, entre a SC-20 e a rúa Miguel Ferro Caaveiro
A Xunta licita actuacións de mellora do firme en varias estradas autonómicas nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Betanzos, por un investimento de máis de 1,1 millón de euros
As empresas interesadas na execución deste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 16 de marzo
A Xunta publica no DOG a transferencia a prol do Concello da Estrada da titularidade da vía provincial Berres- Vilancosta
Trátase dunha vía de 1,2 quilómetros que discorre polo concello, dando acceso ao lugar de Vilancosta desde o lugar de Berres
Un total de dezanove empresas presentan as súas ofertas para executar unha senda peonil e ciclistas entre Coirados e Pardavila, en Marín
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade avanza na contratación destas obras, xa licitadas, ás que se destina un investimento autonómico de 720.000 euros
Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar unha senda na estrada LU-633 en Portomarín, cun investimento autonómico de preto de 285.000 euros
Trátase dun itinerario de 260 metros que mellora a seguridade de peregrinos e veciños nun treito do Camiño Francés, entre a baixada fronte ao albergue desta zona ata a entrada da ponte de acceso á vila lucense