Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da estrada OU-504, en San Cristovo de Regodeigón, no Concello de Ribadavia
Este contrato, adxudicado por un importe de máis de 18.000 euros, terá un prazo duns seis meses
A Xunta pon en servizo mañá a variante de Salgueiroas, en Santa Comba, tras un investimento de 4,3 millóns de euros
Trátase da primeira fase do acondicionamento da estrada autonómica AC-406, que une Portomouro con Santa Comba
A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica AC-552 ao seu paso polo Concello de Arteixo
Esta actuación enmárcase na estratexia da Xunta para a eliminación de treitos de concentración de accidentes na rede viaria autonómica
A Xunta licita a sinalización de máis de 600 quilómetros de rutas ciclistas protexidas para incrementar a seguridade dos deportistas
O Goberno galego dá un novo paso administrativo coa contratación destas actuacións, por un investimento de 220.000 euros e cuxa presentación de ofertas finaliza o vindeiro 23 de marzo
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos tramos interurbanos dos ríos Vilariño e Mera, no concello de Ortigueira
Os traballos de mantemento están a desenvolverse a cabo en distintos treitos dos ríos ao seu paso polas parroquias de Mera de Riba e Mera de Baixo
A Xunta remítelle ao Concello de Cambre o proxecto definitivo e o convenio de colaboración para executar a mellora da estrada AC-214 en Sigrás
O orzamento autonómico para a execución das actuacións previstas, dende a intersección tipo glorieta coa AC-213 e a N-550, estímase en máis de 740.000 euros
Ethel Vázquez informa do inicio hoxe da información pública do proxecto de prolongación da autovía da Costa da Morte ata a estrada de Camariñas
Vázquez Mourelle indica que os interesados poderán presentar achegas para mellorar o proxecto ata o vindeiro 7 de abril
A Xunta licita por preto de 470.000 euros as obras de execución dos itinerarios peonis e ciclistas en Fontán, e entre Mandín e As Torres, ao seu paso polos concellos de Sada e Oleiros
As empresas interesadas nesta actuación, que dispón dun prazo de execución de 4 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 18 de marzo
Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para executar a vía de alta capacidade Tui-A Guarda, entre a A-55 e o enlace de Areas
A Xunta iniciará a mediados do ano a construción da que será a nova autovía autonómica AG-42, cun investimento de máis de 21,2 millóns de euros
As obras da segunda fase do proxecto da Vía Verde do Salnés comezarán a mediados de marzo
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Portas asinaron esta mañá o convenio de colaboración que prevé un orzamento de case 200.000 euros, achegados integramente polo Goberno galego