Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adxudica a instalación dun paso de peóns con semáforo na estrada PO-308 en Chancelas, no concello de Poio, co fin de reforzar a seguridade viaria
Estas actuacións, adxudicadas por un importe de case 38.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e contan cun prazo de execución dun mes
A Xunta publica no DOG o decreto que facilita a execución de obras menores de conservación e mantemento nas proximidades dos ríos sen autorización previa de augas de Galicia
Esta normativa, que amplía o catálogo de actuacións a acometer ao carón dos leitos fluviais con só unha declaración responsable, entrará en vigor o 23 de marzo
A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de acondicionamento da estrada que une Valdoviño e Cedeira
Esta intervención dispón dun orzamento que ascende a máis de 4,6 millóns de euros, nos que se inclúe as expropiacións dos 136 predios necesarios para intervir en preto de 4 quilómetros da estrada autonómica AC-566
A Xunta demanda un compromiso firme por potenciar a competitividade do noroeste peninsular a través do Corredor Atlántico de Mercadorías
Ethel Vázquez lembra a alianza de éxito formada polas forzas políticas, económicas e sociais de Galicia, Castela e León e Asturias, que conseguiu o respaldo da UE para a incorporación do Noroeste ao Corredor Atlántico
A Xunta licita por preto de 1,3 millóns de euros actuacións de mellora do firme na autovía Ferrol-Vilalba, no tramo que vai do enlace de Cabreiros ao enlace coa A-8, en Lugo
As empresas interesadas na execución deste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 30 de marzo, cuxo prazo de execución é de 6 meses
A Xunta licita a execución dunha nova cuneta na autovía AG-64, no concello das Pontes, cun investimento de máis de 583.000 euros
As empresas interesadas na realización destas actuacións, que comezarán no verán, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 30 de marzo
A Xunta explícalles aos veciños do Couto, en Ponteceso, o proxecto de senda peonil que se prevé construír na marxe da estrada AC-424 para mellorar a seguridade viaria
O proxecto, que supón un investimento de 270.000 euros, está actualmente a información pública e os interesados teñen ata o 31 de marzo para presentar as súas achegas
A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de mellora da entrada do Camiño Portugués en Santiago, ao seu paso pola rúa Escurridía e a Ponte Vella
Esta actuación dispón dun investimento de preto de 245.000 euros, no que se inclúe o pagamento dos terreos necesarios para executar esta actuación en Conxo
A Xunta pon en servizo a senda peonil e ciclista na estrada LU-232, na contorna do polígono industrial de Friol
Esta actuación, cun orzamento de case 214.000 euros, comezou a executarse no pasado mes de setembro
A Xunta abre a variante de Salgueiroas, no concello de Santa Comba
Trátase da primeira fase do acondicionamento da estrada autonómica AC-406, que une Portomouro con Santa Comba, cun investimento de 4,3 millóns de euros