Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

05/03/20 | 16:01 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta
03/03/20 | 13:22 | C. de Sanidade

A Xunta e o sector turístico reforzan a súa colaboración e as canles de diálogo no seguimento do coronavirus

O conselleiro de Cultura e Turismo e o xerente do Sergas mantiveron unha reunión informativa con representantes do Clúster Turismo de Galicia

03/03/20 | 10:42 | C. de Sanidade

O novo teléfono para dar información xeral sobre o coronavirus pasa a ser dende hoxe mesmo o 900 400 116

Para persoas con sintomatoloxía (febre, tos, sensación de falta de aire) e que volvesen de zona de risco ou tivesen contacto con alguén que estivera nalgún deses lugares, tamén está dispoñible o teléfono 061

02/03/20 | 09:55 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 42 persoas por 31 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 28 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 1 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 35 chamadas por accidentes de tráfico

01/03/20 | 15:05 | C. de Sanidade

Almuiña anuncia o reforzo de equipamento en todos os hospitais galegos para atender posibles casos de coronavirus

O reforzo de material vense unir ás outras medidas xa tomadas pola Consellería de Sanidade, como a constitución da Comisión Interdepartamental para o seguimento do coronavirus; a creación da comisión asesora de expertos; a posta en funcionamento do teléfono 902 400 116 para atender á cidadanía; o reforzo do persoal; ou a elaboración dos protocolos de actuación

01/03/20 | 14:19 | C. de Sanidade

Un total de 880 persoas participan na OPE do Sergas para as categorías de médico de familia e pediatra de atención primaria

Optan a un total de 347 prazas das que 254 corresponden a médico de familia e 93 para pediatría ás que hai que engadir outras 7 prazas para odontólogos