Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

16/03/20 | 18:32 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo reitera que "a elección prioritaria e única que temos neste momento todos os galegos é derrotar a pandemia" e pide ao Goberno que complemente as medidas no eido económico e social

Solicita ao Goberno a ampliación do fondo de continxencia para o ámbito sanitario: “Necesitamos un caudal de liña presupostaria para ir axustando o gasto ao orzamento adicional que necesitamos nos servizos sanitarios e sociais”

16/03/20 | 15:07 | C. de Sanidade

Sanidade pon á disposición da cidadanía un autotest con información sobre o coronavirus na páxina web do Sergas

Proporciona un sistema áxil e inmediato no que atopar información actualizada sobre cuestións relacionadas con esta enfermidade

16/03/20 | 14:46

A Consellería do Mar remite ás lonxas, á frota e ao sector marisqueiro galego recomendacións para reforzar as medidas de prevención ante o coronavirus

As directrices enviadas ás confrarías complementan as xa establecidas pola Xunta e pretenden manter a actividade con todas as garantías nun sector fundamental para asegurar o abastecemento de alimentos de calidade

16/03/20 | 13:31 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 239 casos infectados por coronavirus

Rexístrase o terceiro falecemento por coronavirus na nosa comunidade

16/03/20 | 11:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa de que non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020

Como consecuencia das medidas adoptadas pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 as oficinas de emprego pechan ao público pero ofrecen aos cidadáns atención telefónica e telemática para os trámites urxentes

15/03/20 | 18:46 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada a Pedro Sánchez que a unidade, a lealdade e a coordinación de Galicia co Goberno de España está garantida

Precisa que todas as medidas xa adoptadas por Galicia, que se anticipou ás decisións para o conxunto de España, quedan ratificadas co Real Decreto

15/03/20 | 14:04 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 189 casos infectados por coronavirus

Produciuse o segundo falecemento, dun home de 81 anos, con varias patoloxías, que se atopaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que dera positivo importado na proba de coronavirus

14/03/20 | 23:25 | A Presidencia da Xunta

Feijóo apela á lealdade entre administracións e entre os cidadáns para seguir actuando nesta crise desde a unidade e a coordinación

Incide en que a reacción ha de ser colectiva e tenaz. E fai un chamamento á tranquilidade nalgúns ámbitos

14/03/20 | 12:51 | C. de Sanidade

Confirmados en Galicia un total de 135 casos positivos de infección por coronavirus

Esta mañá produciuse o falecemento, na área de Vigo, dunha muller de 92 anos, con múltiple patoloxía, que se atopaba ingresada no Hospital Povisa, e que dera positivo importado na proba de coronavirus