Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 500 novas da área temática Xuventude:

17/08/21 | 16:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega o programa `Coñece Galicia´ a Sanxenxo coa posta en marcha do minicampamento `Natura II´

O delegado territorial, Luis López, asiste ás actividades vespertinas da primeira xornada no xacemento arqueolóxico da Lanzada

17/08/21 | 12:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega o programa `Coñece Galicia´ a Lalín coa posta en marcha do minicampamento 'O noso rural II’

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, José Crespo, asiste ás actividades da primeira xornada no Museo Casa do Patrón
Unha vintena de rapaces participan nesta iniciativa de conciliación durante toda a semana cun programa centrado na aventura e a inmersión no medio rural

17/08/21 | 10:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita en 249.000 euros a renovación da cuberta do albergue de Area, en Viveiro

A Consellería de Política Social está a reformar as instalacións deste campamento, que este verán volve a ser un dos máis demandados con todas as quendas completas

13/08/21 | 10:51 | C. de Política Social e Igualdade
11/08/21 | 14:25 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social participa no inicio das actividades do campo de voluntariado de Rois dedicado a investigar e poñer en valor o Castro do Lupario

Nesta iniciativa realizan actividades como tiro con arco, obradoiros tradicionais con clases de cerámica e barro ou excursións a Santiago de Compostela

11/08/21 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Clúster Turismo de Galicia ofrecen co Carné Xove un 10% de desconto en 21 establecementos hostaleiros e de ocio da provincia

O delegado territorial, Luis López, e o presidente da entidade, Cesáreo Pardal, informan desta iniciativa xuvenil nunha visita ao Campo de Paintball Parque Adrenalicia do Grove

11/08/21 | 12:53 | C. de Política Social e Igualdade

As propostas da campaña de verán da Xunta ofrecen ocio seguro e saudable para persoas con discapacidade

Este campamento acolle desde o pasado 8 de agosto e ata o 17 deste mesmo mes a 15 persoas con discapacidade de entre 19 e 40 anos

10/08/21 | 18:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa o coidado e a conservación da Vía da Prata a través do novo programa de voluntariado ambiental

Dez persoas están a desenvolver actividades de sensibilización e coñecemento do patrimonio ambiental e natural no Camiño de Santiago

10/08/21 | 12:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia pon en valor o papel do voluntariado interxeracional para impulsar o Camiño Inglés ao seu paso por Cambre

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu hoxe o programa deste voluntariado do Concello de Cambre

09/08/21 | 12:41

Gabriel Alén pon en valor os Obradoiros de Emprego para a mocidade como ferramenta para acceder ao mercado laboral

No Programa ‘Manco Xove V’, a Consellería de Emprego e Igualdade inviste preto de 370.00 euros, o que permitirá formar a 9 alumnos – traballadores nos módulos de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas-, e a 7 no de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais