Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 322 novas da área temática Territorio:

24/11/20 | 11:59

O sector extractivo galego conta cunha Guía de boas prácticas que equilibrará o aproveitamento mineiro e a conservación da paisaxe

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentou esta mañá o noveno título da Colección da Paisaxe Galega, que nos próximos días estará accesible de xeito gratuíto na web da Consellería

18/11/20 | 12:29

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita a praza de Progo no concello de Riós na que se acometerán diversas obras de acondicionamento

Nesta actuación, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en colaboración co consistorio, vai investir case que 77.000 euros

16/11/20 | 12:50

Galicia conta coas primeiras Directrices da Paisaxe que se integrarán na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio para protexer os valores paisaxísticos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza que a pretensión do seu departamento é aprobalas ao comezos no vindeiro ano, pero previamente debe ser informado polo Consello Asesor da Paisaxe e aprobado no Consello da Xunta

15/11/20 | 11:26

As obras de acondicionamento dos espazos públicos en Tourós-Barxés no concello de Muíños comezarán este outono

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de asinar o contrato coa empresa adxudicataria, por un importe de máis de 130.000 euros

14/11/20 | 12:36

A Xunta aproba a modificación puntual número seis do PXOM de Sanxenxo para introducir axustes e melloras na súa aplicación

Tras a orde ditada pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, a modificación deberá inscribirse no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia e a continuación, será publicada polo Concello no Boletín Oficial da Provincia

04/11/20 | 18:20

Xunta e Vilariño de Conso estudarán a posibilidade de dotar ao Parque do Invernadeiro dun novo acceso desde o Concello

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse hoxe coa rexedora Melisa Macía para analizar varios asuntos de interese municipal

03/11/20 | 12:59

A Xunta de Galicia formaliza a adxudicación de tres parcelas na Plisan á empresa conserveira Hijos de Carlos Albo

Como resultado da poxa pública convocada polo IGVS o ano pasado, correspondeulle á firma galega unha superficie de 63.000 metros cadrados de solo

02/11/20 | 12:56 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza novos pasos para converter a ETEA nun dos piares do Vigo aberto coa construción do pavillón polideportivo e a nova residencia de maiores

En relación á residencia de maiores, confirma que o proxecto de demolición do antigo cuartel xa está finalizado, co obxectivo de comezar as obras este ano, cun investimento de 15 millóns de euros e con 150 prazas públicas

27/10/20 | 11:26

O DOG publica o decreto que regula o Censo de Solo Empresarial de Galicia, que entrará en vigor a finais do mes de novembro

Grazas a esta nova ferramenta, creada pola Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais, a Comunidade galega converterase nunha das primeiras en dispoñer dun rexistro global e actualizado da superficie empresarial dispoñible

26/10/20 | 12:03

O DOG publica a aprobación definitiva do primeiro PXOM de Rubiá, que marcará o desenvolvemento do concello nos próximos 20 anos

Entre as previsións do novo modelo de ordenación cómpre subliñar a determinación da capacidade máxima de uso residencial do municipio e a ampliación do sistema xeral de zonas verdes actuando sobre a contorna do campo de fútbol, principal lugar de esparexemento para a veciñanza