Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

05/09/22 | 12:44 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta outros cinco casos de gripe aviaria en mascatos

Os casos positivos corresponden a cinco individuos recollidos en diferentes lugares da costa galega e trasladados aos centros de recuperación de fauna silvestre
 

05/09/22 | 11:22 | C. de Sanidade

O Sergas abre o prazo de elección de destino en 100 prazas das especialidades de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, e Medicina Interna

O Diario Oficial de Galicia publica na xornada de hoxe a relación de aspirantes seleccionados no concurso-oposición para o ingreso nestas categorías

05/09/22 | 10:05 | C. de Sanidade

O DOG publica a lista de aspirantes seleccionados para cubrir as 106 prazas de especialistas en atención primaria

O acceso á praza sen exame é unha medida pioneira en España que sitúa a Galicia na vangarda da selección de emprego público en categorías que requiren especialización

03/09/22 | 11:20 | C. de Sanidade

O Sergas abre o prazo para a elección telemática de destino a 53 facultativos especialistas en cirurxía ortopédica e traumatoloxía, e 47 de medicina interna

O Diario Oficial de Galicia publicará este luns, 5 de setembro, a relación de aspirantes seleccionados no concurso-oposición para o ingreso nestas categorías

03/09/22 | 11:15 | C. de Sanidade

Galicia formará parte do proxecto europeo ‘Invest4Health’ para impulsar e coñecer novos modelos de financiamento para os sistemas sanitarios

O proxecto conta cun orzamento de 5,5 millóns de euros, financiados a través de Horizonte Europa

02/09/22 | 14:18 | C. de Sanidade

A Área Sanitaria de Ferrol acollerá unha xornada para promover a cultura da innovación entre os profesionais sanitarios

A Xerencia e o Nodo de Innovación da Área Sanitaria de Ferrol (ASF) organizarán o vindeiro día 22 de setembro, un evento científico para abordar a importancia da innovación no sector da saúde

02/09/22 | 14:04 | C. de Sanidade

O DOG publicará o vindeiro luns a lista de aspirantes seleccionados para cubrir as 106 prazas de especialistas en atención primaria

Os facultativos prestarán os seus servizos tanto nos centros de saúde como nos Puntos de Atención Continuada

01/09/22 | 15:29 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta renovará por 6,5 M€ o parque de gammacámaras dos servizos de medicina nuclear do Sergas

Salientou que se trata de equipamentos para a diagnose de enfermidades cardíacas, neurolóxicas ou renais e que tamén se usan nos tratamentos oncolóxicos

01/09/22 | 15:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta autoriza a contratación das obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago cun investimento de 72,82 M€

O presidente enmarca esta reforma nas actuacións que a Xunta está a levar a cabo nas infraestruturas sanitarias para adaptalas á “medicina do mañá”