Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da área temática Industria:

24/11/21 | 18:29 | C. de Economía e Industria

Conde reitera no Parlamento o compromiso da Xunta cos traballadores de Alcoa e a industria da Mariña

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, sinala no Parlamento que a Administración autonómica quere estar ao lado dos traballadores e das súas familias, defendendo as súas reivindicacións para que se garanta o mantemento dos empregos e da produción de aluminio primario

23/11/21 | 14:35 | C. de Economía e Industria

Borgwarner e CTAG mobilizan preto de 10M€ co apoio da Xunta para avanzar na mobilidade sostible

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación da nova Unidade Mixta de Investigación (UMI) na que colaboran a empresa e o centro tecnolóxico, centrada na xestión térmica dos vehículos eléctricos

16/11/21 | 20:17 | A Presidencia da Xunta

Feijóo garante en Bruxelas que Galicia seguirá a ser unha das rexións que mellor executa os fondos europeos de acordo coas estratrexias da UE e de forma eficiente

“Hoxe trouxemos á capital europea os temas que lle preocupan a Galicia”, di, trasladando o compromiso de presentar, no primeiro trimestre de 2022, o Plan estratéxico da economía galega 21-30, cos fondos de cohesión e os Next Generation xa incorporados

10/11/21 | 13:20 | C. de Economía e Industria

Conde advirte de que a solución en Alcoa só será posible se existe unha implicación real e efectiva do Goberno e a empresa

Volve insistir en que sen un prezo eléctrico competitivo será imposible atopar un comprador viable para Alcoa porque carece do escenario enerxético necesario para presentar as súas ofertas

09/11/21 | 14:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende nas Pontes que a innovación e a sostibilidade deben ir da man para que a industria e as pemes teñan novas oportunidades

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe no municipio coruñés na iniciativa Camiño da Innovación, que está a percorrer 18 concellos de Galicia

09/11/21 | 12:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta colaborará cos concellos de Cerceda, A Laracha, Ordes, Tordoia e Carral na presentación de proxectos que opten ás axudas de transición xusta

A Xunta acaba de asinar os protocolos correspondentes para as zonas de Transición Xusta das Pontes e de Meirama, logo de que o Goberno aceptase incluír o concello de Ferrol nesta delimitación

08/11/21 | 14:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia un total de 63 proxectos galegos de fabricación de materiais de protección contra a covid-19 que mobilizaron 12,7 millóns de euros

A meirande parte das iniciativas impulsadas polo Goberno galego pertencen á provincia de Pontevedra e suman un investimento de 4,2 millóns de euros

07/11/21 | 12:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta as capacidades de Galicia no ámbito aeroespacial na Feira Internacional de Defensa e Seguridade en Madrid

A Axencia Galega de Innovación participou con mostrador propio nesta feira internacional de defensa e seguridade que se celebra ao logo desta semana en Madrid

03/11/21 | 19:22

A Xunta lamenta a suspensión dunha reunión cos traballadores de Vestas debido á ausencia do Goberno central

A xuntanza tiña por obxecto coordinar as actuacións das administracións públicas e abordar os avances para acadar a continuidade da factoría en Viveiro