Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 272 novas da área temática Facenda:

16/02/20 | 11:07 | C. de Facenda e Administración Pública

O DOG publica as primeiras convocatorias que rexerán o primeiro proceso de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta

Trátase de cinco convocatorias e de máis de 1.300 prazas que figuraban nas OEP de 2018 e 2019

11/02/20 | 11:41 | C. de Facenda e Administración Pública

O DOG publica a orde para actualizar un 2% as retribucións dos empregados públicos da Administración autonómica

Esta orde establece que a Xunta de Galicia aplicará na nómina de febreiro a suba xeral do 2% con efectos desde o 1 de xaneiro de 2020

06/02/20 | 16:09 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Os empregados públicos da Xunta experimentarán unha suba salarial media do 4,5%, como resultado do 2% de suba xeral e das melloras resultantes dos acordos sectoriais

Feijóo lembra que son máis de 100.000 as familias que se beneficiarán da suba salarial xeral na nómina deste mes de febreiro

06/02/20 | 16:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o requirimento que enviará de inmediato ao Goberno central para reclamar os 204,7 M€ que adebeda a Galicia en concepto de IVE

Feijóo incide en que Galicia segue a ser unha Comunidade solvente e lamenta que o Goberno, lonxe de incentivar o cumprimento das Comunidades Autónomas, o que fai é penalizar o cumprimento das Comunidades solventes

06/02/20 | 16:07 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Galicia pecha 2019 cumprindo un ano máis os obxectivos de déficit e débeda fixados no orzamento e pagou aos provedores na metade de tempo que a media autonómica

O presidente da Xunta destaca que o pasado ano será o primeiro en que non só baixe a ratio débeda/PIB, senón tamén o endebedamento absoluto

02/02/20 | 10:50 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta abre o prazo de inscrición para que 420 empregados públicos poidan lograr un ascenso ou cambio de categoría

? Estes procesos selectivos de promoción interna facilitan a progresión profesional do traballador e a conciliación da súa vida familiar e laboral
Inclúense 127 prazas para o corpo de xestión e 195 para o corpo administrativo

30/01/20 | 15:40 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta autoriza o inicio do procedemento para reclamar xudicialmente ao Goberno central o pago dos 200M€ do IVE que debe a Galicia

Feijóo lamenta que o Goberno non quixo nin dialogar nin acercar posturas nin concretar acordos nin concretar solucións

16/01/20 | 20:50 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que a partir deste mes de xaneiro máis empresas familiares poderán beneficiarse das rebaixas fiscais da Xunta para favorecer a remuda xeracional

Lembra que as empresas tamén se poden beneficiar doutras medidas como a Lei de fomento de iniciativas empresarias, os programas Galicia Exporta, as axudas para a transformación cara a Industria 4.0 ou as axudas a autónomos

16/01/20 | 15:15 | A Presidencia da Xunta

Feijóo confirma a aplicación xa dos incrementos salariais específicos na nómina de xaneiro dos empregados públicos e di que a suba xeral do 2% farase efectiva en canto o autorice o Goberno central

Explica que tamén se farán efectivas neste mes outras melloras salariais de ámbito sectorial que son resultado da negociación colectiva e que proceden de distintos acordos asinados coas organizacións sindicais

10/01/20 | 13:03 | C. de Facenda e Administración Pública

Comezan as obras do novo Espazo Amizar, no que se investirán 7 millóns para rehabilitar a antiga sede de Sanidade na Coruña

Nestes días empezan a desconexión de servizos, a retirada de mobiliario e as demolicións das divisións internas na parte ovalar do complexo