Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 288 novas da área temática Emigración:

22/04/20 | 13:54 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda amosa o apoio do Goberno galego aos emigrantes retornados, para os que pon á disposición os case 2 M€ das axudas extraordinarias para afrontar a crise do coronavirus

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro telemático co presidente da Federación Venezolana de Galicia (Fevega) para coñecer como está a afectar ao colectivo esta pandemia

13/04/20 | 20:23 | A Presidencia da Xunta

Feijóo mantén un encontro cos galegos do exterior a través de videoconferencia para seguir a súa situación durante a pandemia do coronavirus

O titular do Executivo galego estivo acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda e, desde Bos Aires, o delegado da Xunta na Arxentina e O Uruguai, Alejandro López Dobarro

10/03/20 | 14:11 | Secretaría Xeral de Emigración

O DOG publica a orde da Secretaría Xeral da Emigración que permitirá ás entidades galegas no exterior solicitar axudas para obras e equipamentos, dotada con 575.000 euros

A dotación económica ten por obxecto achegas para facer fronte os labores de conservación e infraestrutura de instalacións, así como para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable

06/03/20 | 14:14 | Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración abre o prazo para que os mozos galegos do exterior poidan solicitar unha das 150 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior

Os interesados, que deberán ser menores de 40 anos no momento de concluír o procedemento telemático, poderán presentar as súas solicitudes ata as 23:59 horas do 30 de abril

04/03/20 | 13:42 | Secretaría Xeral de Emigración
01/03/20 | 13:41 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda participa en Suíza no Entroido da Irmandade Galega

O secretario xeral da Emigración visita esta fin de semana Xinebra con motivo da celebración do tradicional Entroido, aproveitando para reforzar os vínculos coa colectividade galega no pais

26/02/20 | 11:38 | Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa de difusión da cultura galega 'Escolas Abertas'

A proposta do Goberno galego permite a alumnos de todo o mundo recibir formación especializada en gaita, baile, percusión, canto e confección a través dos docentes que participan no programa

24/02/20 | 13:11 | Secretaría Xeral de Emigración

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de 'Conecta con Galicia', que este ano contará con 174 prazas para mozos galegos que residan no exterior de entre 15 e 20 anos

O programa da Secretaría Xeral da Emigración ofrece, en colaboración coa Consellería de Política Social, axudas para que a mocidade galega do exterior participe en actividades de ocio e cultura galega durante 10 días na comunidade

Os grupos de beneficiarios dividiranse en dúas quendas que alternarán varias etapas do Camiño de Santiago con actividades náuticas e de natureza

Os interesados contan cun mes de prazo, a partir do día seguinte a da data de publicación, para solicitar unha praza

23/02/20 | 12:33 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda asiste en Alemaña ao entroido da Asociación Cultural Galega de Hamburgo

O secretario xeral da Emigración resalta a importancia de reforzar os vínculos coa colectividade galega no pais e agradece o compromiso da entidade coa difusión e transmisión da cultura galega

22/02/20 | 11:47 | Secretaría Xeral de Emigración

Abre o prazo de solicitudes da convocatoria de "Reencontros na Casa", que este ano ofrece 215 prazas para galegos maiores do exterior

O programa permitirá a galegos residentes en América con poucos recursos económicos achegarse á súa terra e ás súas familias