Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de Lugo e A Coruña
Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
A Xunta activa o convenio con Farmamundi para dar resposta ao aumento de poboación refuxiada en Uganda e á crise sanitaria en Iemen a causa da covid
Coa activación do convenio perante emerxencias humanitarias espérase beneficiar a preto dun millar de persoas a través do reforzo e aprovisionamento de medicamentos para o tratamento específico da poboación refuxiada en Uganda
A Xunta colabora co concello de Cartelle na adquisición dun vehículo pick-up
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, indicou que o vehículo está financiado a través da convocatoria de 2021 do Fondo de Compensación Ambiental cun importe de máis de 26.000 euros
O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo aproba os orzamentos para 2022 con 5,6 M€
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou no pleno do Consorcio, no que tamén se acordou a ampliación da plantilla nos parques de bombeiros de Chantada, Sarria e Monforte e melloras nas instalacións dos de Monforte e Barreiros
A Xunta destaca a importancia do papel dos GES no sistema de atención ás emerxencias
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos efectivos do GES de Cervo que atende as incidencias deste concello e das de Alfoz, Foz, O Valadouro, Burela e Xove
Controlado o lume forestal do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Corredoira
Segundo as últimas estimacións provisionais, que se revisarán ao longo do día, a superficie afectada supera as 20 hectáreas
Estabilizado o lume forestal do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Corredoira
Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas
A Xunta incrementará o cadro de persoal dos subGES de Muíños e Lobios para equiparalos aos 12 efectivos dos GES
Na provincia ourensá tamén verán incrementados o número de efectivos os grupos de Laza, Ribadavia e Avión
Luis López garante o “máximo apoio” da Xunta a Protección Civil de Vilagarcía para a súa atención cidadá
O delegado territorial en Pontevedra visita a sede da agrupación para coñecer o seu funcionamento e necesidades e mantén un encontro con algúns dos seus 35 integrantes, aos que agradeceu o seu “traballo altruísta e desinteresado a prol da sociedade”
A Xunta participa na reunión na que o Goberno central aprobou emitir o informe pendente sobre o Plan de Emerxencia do polígono da Grela Bens
A Xunta remitira xa en decembro do ano pasado ao Ministerio do Interior o informe favorable da Comisión Galega de Protección Civil indicando a importancia de aprobar a revisión do plan canto antes ao modificarse os radios de afección