Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

30/06/22 | 12:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que o novo proxecto de Ence nas Pontes facilitará a Galicia seguir desenvolvendo o novo modelo industrial baseado na economía circular

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovacion, Francisco Conde, participou en Pontevedra nunha rolda de prensa na que remarcou que esta iniciativa lle vai permitir á empresa pechar o seu ciclo produtivo en Galicia

29/06/22 | 13:16 | C. de Economía e Industria

Conde salienta que a Marca Galicia está no esforzo do tecido produtivo galego por incorporar a innovación e o deseño para ser máis competitivo e sustentable

Subliña o traballo da Xunta por impulsar un ecosistema galego de deseño e innovación orientado ao desenvolvemento económico e sostible de Galicia, que é o obxectivo do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade, ‘Diferenza’

29/06/22 | 10:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con 2,75 M€ o labor dos centros comerciais abertos e federacións no impulso ao comercio de proximidade galego

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación ten abertos ata o 27 de xullo dous programas para este tipo de asociacións, que poderán financiar así diferentes iniciativas de promoción e dinamización comercial

28/06/22 | 13:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por facilitar ás empresas galegas as ferramentas necesarias para achegar as tecnoloxías da industria 4.0

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou por videoconferencia, na Xornada Demostrativa Industria 4.0, onde puxo en valor as posibilidades que ofrece o programa Activa Industria 4.0

27/06/22 | 16:26 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta coñece o proxecto de Ence para crear un polo de economía circular e biomateriais nas Pontes

A empresa contempla instalar unha planta de biocombustibles e papel tisú cun investimento en torno aos 350M€ e coa previsión de crear máis de 1000 empregos entre directos, indirectos e inducidos

27/06/22 | 15:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía co Goberno a oportunidade dos fondos europeos para consolidar o Polo Aeroespacial de Galicia

Conde solicita o apoio do Executivo central para que esta iniciativa poida formar parte do Perte Aeroespacial
 

27/06/22 | 14:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora con 3 pemes e microempresas da comarca da Coruña con máis de 221.000€ para a mellora das súas capacidades de innovación

O programa InnovaPeme 2021 concede axudas ás compañías para a realización de actividades de innovación coordinadas a través dun plan de actuacións

26/06/22 | 16:44 | C. de Economía e Industria

Galicia celebra o V Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial co foco no crecemento sostible das pemes

O evento terá lugar en Ferrol o 29 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Deseño Industrial, e estará incluído na programación do festival Galicia Design Week

25/06/22 | 20:06 | C. de Economía e Industria

Artesanía de Galicia participa na Galicia Design Week cunha proposta que une gastronomía e produto feito á man

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta tarde na Coruña na performance protagonizada pola chef Lucía Freitas, pola ceramista Laura Delgado e pola cesteira Idoia Cuesta, impulsada pola Xunta de Galicia no marco do proxecto Artesanía no Prato

25/06/22 | 13:11 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o comportamento de récord do Camiño de Santiago co impulso do Xacobeo, logo de superar desde febreiro os rexistros do histórico 2019

Salienta a previsión de que esta fin de semana de xuño se alcance o mesmo número de peregrinos que no mes de xullo de hai dous anos