Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 344 novas da área temática Cultura:

22/10/20 | 17:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta estenderá ao conxunto da comunidade as vantaxes do transporte metropolitano de Galicia

Feijóo incide en que a Área Única de Transporte prevé a mesma tarifa para toda Galicia en función exclusivamente da distancia

20/10/20 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
15/10/20 | 14:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada ao Concello da Coruña que os novos contratos de transporte incrementarán nun 6,5% os servizos e mellorarán a accesibilidade ao centro sen afectar ao tráfico

Ampliaranse as expedicións a Entrexardíns, que pasarán das 575 actuais ás 615, redistribuíndose os horarios para diminuír o número de autobuses por hora nesa parada e reducindo os períodos de estancia nela

14/10/20 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e Stop Accidentes presentan un protocolo con 49 recomendacións para fomentar condutas responsables entre todos os usuarios do transporte escolar

Vázquez Mourelle indica que esta guía didáctica ofrece recomendacións aos alumnos, ás familias, aos acompañantes, aos condutores e aos usuarios

08/10/20 | 18:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta proponlle ao Concello do Carballiño trasladar os servizos de autobús ao carón da estación de ferrocarril para facilitar a intermodalidade no transporte público

A actuación proposta pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade permitiría facilitar un intercambio áxil e seguro entre os distintos modos de transporte público

07/10/20 | 18:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez insta ao Concello de Vigo a avirse a sumarse ao Plan de Transporte Metropolitano para permitirlle aos veciños aforros anuais de ata 1.000 euros nos seus desprazamentos

Concreta que a negativa do Concello a adherirse ao Plan impide que os veciños teñan as mesmas vantaxes e descontos que os da Coruña, Lugo ou Santiago

07/10/20 | 18:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta o traballo da Xunta para garantir un transporte público seguro e viable fronte á pandemia e ao abandono do Goberno central

Pon en valor os 6 millóns de euros inxectados pola Xunta para garantir a liquidez das empresas e os postos de traballo, evitando poñer en perigo o acceso de miles de galegos a servizos básicos como a sanidade ou a educación

07/10/20 | 13:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforzará desde mañá as conexións de autobús entre Santiago e Lalín e entre Taboada e Lugo para atender a demanda xerada co inicio do curso en secundaria e na universidade

As conexións entre Lalín e a capital de Galicia veranse reforzadas desde este xoves con dúas expedicións máis en días laborables: un servizo ás 15,15 horas de Lalín a Santiago e outro ás 20,00 horas en sentido inverso

05/10/20 | 17:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforzará desde o vindeiro mércores a conexión de autobús entre Montouto, en Abegondo, e A Coruña coa posta en marcha de novos servizos

Entrarán en funcionamento dous servizos adicionais: un ás 10:30 horas, con orixe na Coruña e destino en Montouto e outro ás 20 horas no percorrido inverso

02/10/20 | 17:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Gabriel Alén lamenta o desmantelamento dos servizos ferroviarios na provincia de Ourense e comparte co alcalde da Rúa a necesidade da súa reposición por parte do Goberno central

O delegado territorial da Xunta en Ourense considera que o déficit en infraestruturas e servizos de tren resta competitividade ao territorio e impide aos cidadás o exercicio efectivo do seu dereito á mobilidade