Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

14/06/21 | 11:22

A Xunta convoca hoxe as axudas do Fondo de cooperación para a rehabilitación de inmobles en concellos de menos de 50.000 habitantes

Ángeles Vázquez salienta que a convocatoria deste ano reserva case 4,5 millóns de euros para apoiar ás entidades locais ao impulso de proxectos

12/06/21 | 13:01

O IGVS formará a 10 graduados en titulacións relacionadas coa vivenda e o urbanismo para facilitar a súa inserción laboral

É a segunda vez que o departamento autonómico convoca este tipo de bolsas, cunha duración de 12 meses prorrogables por outros 6 e dirixidas a universitarios que finalizaran os seus estudos superiores despois do 1 de xaneiro do ano 2018

09/06/21 | 15:33

A Xunta afea a actitude do Goberno central ao aprobar de xeito unilateral as compensacións polas supensións de desafiuzamentos

O Goberno galego denuncia que a modificación do Plan de vivenda 2018-2021, adoptada onte no Consello de Ministros e que xa hoxe publica o BOE, é unha nova mostra de deslealdade ás comunidades, que carecen de información

09/06/21 | 14:43

Luis López anima aos propietarios de edificios do casco histórico de Tui a ofertar a súa venda á Xunta para destinalos a rehabilitación e alugueiro social

O delegado territorial percorre o casco vello tudense co alcalde, Enrique Cabaleiro, para informar do programa Rexurbe, que ten reservados alomenos 250.000€ para mercar inmobles do centro da vila catalogado como BIC

08/06/21 | 12:43

A Xunta colaborará con cooperativas, construtores e promotores na aplicación en Galicia dos fondos europeos destinados á construción de vivendas en alugueiro

O Goberno galego segue esperando a que o Estado lle traslade como se regulará o emprego do diñeiro reservado no Plan de recuperación aos programas de vivenda

07/06/21 | 12:00

A Xunta sortea unha vivenda de promoción pública en Oleiros entre os inscritos no rexistro de demandantes

No procedemento, que se fará mañá, 8 de xuño, escolleranse 15 solicitantes e os que non resulten adxudicatarios quedarán en lista de agarda para futuras vacantes

07/06/21 | 11:58

A Xunta sortea unha vivenda de promoción pública en Melide entre os inscritos no rexistro de demandantes

No sorteo, que se fará mañá, 8 de xuño, seleccionaranse cinco solicitantes e os que non resulten adxudicatarios quedarán nunha lista de agarda para futuras vacantes

04/06/21 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia os trámites para a adxudicación de 12 vivendas protexidas no concello de Vigo

Segundo informou a delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello, Marta Fernández-Tapias, trátase de seis vivendas rehabilitadas polo CCVV e outras seis promovidas pola cooperativa de San Paio

29/05/21 | 12:35

A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación de seis vivendas unifamiliares de promoción pública en Cenlle

Trátase de inmobles construídos por sistemas modulares no marco dun proxecto piloto do Instituto Galego da Vivenda e Solo, que investiu na obra máis de 1 M€

27/05/21 | 11:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Casco Vello de Vigo solicita ao IGVS o inicio da selección dos candidatos para as catro vivendas de Berbés 29

A presidenta do CCVV e delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destaca que é unha das maiores rehabilitacións acometidas; 795,70 metros cadrados