Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

09/09/22 | 17:33 | C. de Sanidade

Todas as áreas sanitarias galegas contarán este ano con unidades de atención a persoas en risco de suicidio

Galicia incorporou cinco novas unidades de prevención de risco de suicidio con persoal de psicoloxía, psiquiatría e enfermería de saúde mental, e este ano completará a cobertura nas sete áreas sanitarias

09/09/22 | 12:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina preto de 800.000 euros ao Comité Antisida da Coruña para os seus programas e centros de acollida

Estas axudas concedéronse a través da orde de entidades 2020-22 e das axudas con cargo ao 0,7% do IRPF do ano 2021
 

09/09/22 | 10:52 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.415 casos activos por coronavirus

Un total de 670.420 pacientes xa están curados

09/09/22 | 10:46 | C. de Sanidade

A Xunta adquire por 8,1 M€ oito equipos de radioloxía vascular e neurovascular para os hospitais do Sergas

A Xunta inviste 3.212.913 millóns de euros na compra e instalación de catro equipos de Radioloxía vascular intervencionista, que terán como destino os hospitais da Coruña, Vigo, Ourense e Ferrol

08/09/22 | 15:10 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta lle remite ao Parlamento a lei que estenderá a provisión por concurso de méritos ás prazas de difícil cobertura en primaria, comarcais e de saúde mental

Subliña o éxito da convocatoria deste ano de 106 prazas en atención primaria por este sistema e anuncia que o no 2023 vanse convocar 130 novas prazas por concurso en máis especialidades

08/09/22 | 12:09 | C. de Sanidade

A Xunta pechará este mes a estratexia galega para a eliminación da hepatite C

Este plan de acción utilizará cribados e métodos de busca activa para facilitar o diagnóstico de casos e aplicar o tratamento

07/09/22 | 13:29 | A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que o 15 de setembro iniciarase o novo Calendario Vacinal que incorpora a vacina contra o virus do papiloma, a meninxite B e a gripe á poboación infantil

Avanza que o Consello do Goberno galego aprobará mañá un novo calendario de vacinación ao longo da vida que suporá un aumento anual do investimento da Xunta en vacinas de case 5 millóns de euros

06/09/22 | 13:52 | C. de Sanidade

A Xunta acorda cos colexios de médicos a renovación do convenio que posibilita a prescrición de receitas aos facultativos xubilados do Sergas

Nos vindeiros días, ambas partes asinarán o convenio que facilitará talonarios de receitas oficiais ao persoal médico xubilado que prestara os seus servizos como facultativo na sanidade pública asistencial galega

06/09/22 | 12:20 | C. de Sanidade

A Xunta reclama ao Ministerio de Sanidade cambios nos criterios da formación MIR que permitan acreditar máis prazas formativas de medicina de familia

O conselleiro de Sanidade mantivo hoxe unha reunión cos xefes de estudos das unidades docentes de medicina familiar e comunitaria das sete áreas sanitarias para consensuar o documento coas propostas de reforma

05/09/22 | 20:47 | C. de Sanidade

O 22º Simposio Internacional sobre tratamentos endovasculares converte a Compostela na capital do coñecemento desta especialidade

Especialistas de todo o mundo intercambiarán coñecemento e experiencias sobre os avances que se levan producido nas terapias endovasculares