Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

11/03/22 | 14:50

A Xunta presenta o proxecto de rehabilitación da lonxa de Campelo ás confrarías que traballan no inmoble

A presidenta de Portos de Galicia trasladou ás directivas das entidades de Pontevedra, Raxó e Lourizán e ao presidente da federación provincial que a licitación das obras se atopa xa na fase final

11/03/22 | 12:34

A Xunta convoca tres novos permisos de explotación na modalidade de percebe a pé na confraría de Corme

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería do Mar

10/03/22 | 10:39

O Centro Tecnolóxico do Mar contribúe á formación de profesionais do complexo mar-industria a través do proxecto europeo BAPSI

Os resultados desta iniciativa preséntanse nunha conferencia final que terá lugar o vindeiro día 15 de marzo en Vigo na sede de Conxemar, entidade organizadora do evento e membro do consorcio

O proxecto permitiu a creación dunha academia con doce cursos gratuítos e virtuais de temáticas de interese para o sector, entre eles a análise da cadea de valor e o márketing de produtos do mar
 

09/03/22 | 14:46

Rosa Quintana apela a seguir avanzando na profesionalización das mulleres do mar de Galicia

Destacou a necesidade de apoio por parte do Goberno do Estado e das institucións europeas para impulsar a incorporación das mulleres ás estruturas de decisión do sector marítimo-pesqueiro, a súa empregabilidade e desenvolvemento profesional como motor de crecemento económico

07/03/22 | 15:44 | A Presidencia da Xunta
06/03/22 | 13:59

Galicia prepárase para a adaptación dos grupos de acción local de pesca ao futuro fondo europeo

A Xunta porá a disposición dos candidatos a grupos que resulten admitidos unha liña de axudas para a fase preparatoria co obxectivo de apoialos no desenvolvemento de accións de formación e estudos relativos á zona obxecto da estratexia de desenvolvemento local participativo

04/03/22 | 14:12

A Xunta inviste máis de 250.000 euros en diversas melloras nos peiraos da Guarda

Portos de Galicia ten en execución a mellora funcional da rampla de varada e vén de rematar a rehabilitación da envolvente da nave de redes así como diversas actuacións menores en Camposancos

03/03/22 | 13:03

A Xunta convoca un curso de recolector de recursos específicos con técnicas de mergullo para 12 persoas

As persoas interesadas en matricularse poden facelo ata o próximo mércores e as accións formativas impartiranse entre os meses de abril e xuño