Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 288 novas da área temática Emigración:

04/09/20 | 19:21 | Secretaría Xeral de Emigración

Os case 60 beneficiarios das BEME que cursarán un mestrado na Universidade de Santiago, a máis demandada nesta cuarta convocatoria, participan nunhas xornadas prácticas virtuais

A Secretaría xeral da Emigración, en colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes en Galicia e as universidades galegas, ofrecerán información sobre o sistema académico e sanitario galego

03/09/20 | 19:15 | Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración achega información práctica do retorno a Galicia para os preto de 150 beneficiarios das BEME aos seus respectivos países

Ofrece desde hoxe, en colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes en Galicia e as universidades galegas, unhas xornadas virtuais para os destinatarios das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior

01/06/20 | 18:23 | A Presidencia da Xunta
29/05/20 | 17:41 | Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración amplía ata o 30 de outubro o prazo de solicitudes das axudas extraordinarias ao emigrante retornado

Antonio Rodríguez Miranda mantivo un encontro telemático coa Federación Venezolana de Galicia, que tamén está a recuperar a atención presencial aos galegos que volveron á comunidade

28/05/20 | 14:04 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda segue a evolución dos máis de medio milleiro de retornados beneficiarios das tres primeiras promocións das bolsas excelencia mocidade exterior

O secretario xeral da Emigración mantén un encontro coa asociación Jóvenes Emigrantes en Galicia, integrada por bolseiros das diferentes edicións

15/05/20 | 14:31 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda invita aos nenos galegos do exterior a conmemorar este domingo o Día das Letras Galegas cun contacontos dedicado a Carvalho Calero

O secretario xeral da Emigración anima os nenos a participar na actividade que levará a cabo Polo Correo do Vento a través do Facebook live de Galicia Aberta

11/05/20 | 15:01 | Secretaría Xeral de Emigración

A Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración obtén preto de 150.000 visualizacións nas súas dúas primeiras semanas de vida

O apartado específico creado na páxina web do departamento autonómico para acubillar esta iniciativa rexistrou máis de 30.000 visitas desde a súa posta en marcha

04/05/20 | 18:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta axiliza e amplía as axudas aos galegos do exterior para dotalos de maior respaldo económico ante a crise do coronavirus

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro telemático coa Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas

28/04/20 | 15:09 | Secretaría Xeral de Emigración

Máis de 10.000 galegos en todo o mundo seguen a clase inaugural de Aula Galicia Aberta, o novo programa da Secretaría Xeral da Emigración

O titular do departamento, Antonio Rodríguez Miranda, agradece os galegos de todo o mundo a interese que amosaron por esta iniciativa desde minutos antes de que comezara a súa emisión a través de Facebook live

23/04/20 | 13:34 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda pide aos galegos da Arxentina e o Uruguai colaboración para tecer xuntos unha rede de solidariedade para detectar os casos de necesidade que poida deixar o coronavirus

O secretario xeral da Emigración celebrou unha videoconferencia con representantes destes países andinos, dous dos de maior tradición receptora da emigración galega