Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

05/07/22 | 12:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva apoiados 61 proxectos de pemes de Lugo este ano a través do programa reacciona

Suman 227.000 euros en axudas, facilitando o acceso a servizos co asesoramento de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a dixitalización e a innovación

05/07/22 | 11:23 | A Presidencia da Xunta

Rueda subliña que a Axenda Financeira de Galicia 2022 aspira a mobilizar 400 M€ para axudar a facer realidade os proxectos do tecido empresarial

Asegura que é preciso que os fondos europeos cheguen ao tecido produtivo para xerar novas oportunidades industriais. “Necesitamos que o Goberno tome a iniciativa cun reparto áxil e concreto”, di o titular do Goberno galego

04/07/22 | 21:30 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta que a primeira edición da aceleradora Galicia Avanza axudará a 30 pemes innovadoras a exportar co apoio da Xunta e a Tecnópole

Asegura que o Novo Plan Estratéxico da Tecnópole servirá para renovar a fortaleza deste espazo de “innovación e progreso empresarial”

03/07/22 | 12:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta leva apoiados máis de 2.900 proxectos que melloran a competitividade das pemes galegas a través do programa ReAcciona

Esta liña suma preto de 13 millóns de euros en axudas desde a súa posta en marcha en 2012, facilitando o acceso a diferentes servizos co asesoramento de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a dixitalización e a innovación

01/07/22 | 20:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica o galeguismo integrador para afrontar os retos do contexto actual

Conde asegura que no complexo escenario que estamos a vivir é máis importante que nunca integrar, sumar o esforzo de todas as administracións e institucións, o tecido produtivo e a sociedade para acadar o obxectivo da recuperación e o crecemento sustentable

01/07/22 | 13:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a aposta que pemes de Pontevedra como carrocerías Dafer realizan pola dixitalización para mellorar a súa competitividade

O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou en Ponteareas esta empresa que está a impulsar a robotización da liña de cortes dos seus paneis isotérmicos grazas ao programa de axudas á dixitalización

01/07/22 | 12:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove en Sanxenxo a relación da moda e da artesanía de Galicia nun pop up conxunto coa empresa téxtil D-due

Na Sanxenxo Summer Shop Artesanía de Galicia & D-due pódense mercar pezas dunha trintena de obradoiros artesáns desde hoxe e ata o 31 de agosto
Por segundo ano consecutivo, esta iniciativa ofrecerá unha mostra do talento galego e da alta calidade da moda, do feito a man e da artesanía galega
 

30/06/22 | 15:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o Premio Peme do Ano da Coruña potencia aspectos clave para a transformación do tecido empresarial galego

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, alentou a todos os participantes a “seguir apostando pola dixitalización, a formación, a internacionalización e a sustentabilidade”

30/06/22 | 15:09 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor a colaboración entre a Xunta e a Sociedade Impulsa Galicia para encarar os retos das vindeiras xeracións

Destaca a valía das propostas dos expertos galegos para avanzar en proxectos de importancia para o país como o Polo para a Transformación de Galicia

30/06/22 | 15:02 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia unha nova liña de axudas para a mellora da competitividade e da calidade dos establecementos hostaleiros dotada con arredor de 3 M€

Esta liña de axudas foi posta en marcha o ano pasado no marco do conxunto de medidas impulsadas pola Xunta para apoiar ao tecido empresarial galego fronte ás circunstancias derivadas da pandemia