Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

15/02/22 | 13:53 | Secretaría Xeral para o Deporte
15/02/22 | 13:07 | Secretaría Xeral para o Deporte

Fernández-Tapias participa na presentación da 8ª edición de "A Gran Bikedada 2022"

A delegada territorial en Vigo reiterou o compromiso da Xunta para que o ciclismo, un dos deportes de maior tradición e arraigo en Galicia, siga sendo recoñecido pola calidade dos seus deportistas e dos seus eventos

11/02/22 | 14:32 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta manifesta a súa "profunda preocupación" ante a reforma do pavillón de Sangriña que podería poñer en risco a continuidade do Guardés

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, informa que convocará “de xeito inmediato” ao Concello da Guarda para buscar “unha saída a unha situación inadmisible”

10/02/22 | 19:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta colabora coa comunidade de usuarios de Augas de Cebreiro, na Cañiza, para a mellora da rede e a instalación de contadores en 59 vivendas

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as obras realizadas ao abeiro da orde de axudas destinadas ás asociacións de veciños e de mulleres rurais e ás comunidades de usuarios de augas de Galicia

10/02/22 | 15:52 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa asegura que os cinco atletas máster que veñen de acadar récords do mundo representan o “éxito da sociedade activa de Galicia”

O cominado galego de 4x800 máster 65 e Esther Pedrosa en 800 e 3.000 metros máster 60, acadaron na pista cuberta de Expourense as súas plusmarcas mundiais

09/02/22 | 11:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A secretaría xeral para o Deporte dota ao pavillón municipal de Burela dun novo videomarcador coa última tecnoloxía

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que contou cun orzamento de 25.800 euros, dos que a Xunta achegou o 80% e o resto o Concello

08/02/22 | 15:02 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa supervisa as dúas pistas multideporte renovadas en Curtis (A Coruña) cun investimento de máis de 53.000 euros

Por unha banda, instalouse unha nova pista multixogo no núcleo de Teixeiro e, pola outra, acondicionouse a pista xa existente no complexo de Curtis. A Xunta achegou o 65% do orzamento total das actuacións

08/02/22 | 14:11 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destina aos clubs deportivos da Mariña 266.000 euros para a súa reactivación, a compra de equipamento e a loita contra a pandemia

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Secretaría Xeral para o Deporte distribuíu 93 axudas directas na comarca