Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Comercio:

05/10/22 | 13:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A serie internacional ‘Los Enviados’ trasládase a Galicia para gravar a súa segunda temporada no marco do Hub Audiovisual da Xunta

Román Rodríguez incide na proxección que para a industria audiovisual galega supón a filmación na nosa Comunidade desta produción de Paramount+, grazas á implicación de Portocabo e co apoio do fondo de rodaxes do Goberno autonómico
 

05/10/22 | 11:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á programación de 11 novas funcións escénicas en Pontevedra dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios

A nova carteleira do Teatro Principal pontevedrés incorpora as compañías A Panadaría, Inversa Teatro, Producións Teatrais Excéntricas, Contraproducións e Ibuprofeno no ciclo Ponteatro, e a Tanxarina e Caramuxo na oferta infantil das fins de semana

04/10/22 | 21:33 | A Presidencia da Xunta

La Xunta y el Ayuntamiento de A Coruña se comprometen a avanzar con los accesos y las expropiaciones necesarias para el Nuevo Chuac

El presidente actualizará la aportación anual para la Orquesta Sinfónica de Galicia, que superará los 3 M€ el año que viene

04/10/22 | 15:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os premios da Cultura Galega 2022 recaen en Marica Campo, María Victoria Carballo-Calero, Melania Cruz, Música en Compostela, Xosé Manuel Gayoso, Manuel González, Xacarandaina e o programa ConCiencia

O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, reuniuse hoxe para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior

03/10/22 | 18:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Entregados os XXVIII Premios Publicidade en Galego, que cada ano recoñecen campañas publicitarias

Os galardóns desta edición foron para a Asociación PuntoGal, R Cable e Telecable Telecomunicacións, o Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro, Aqualia, o CIFP Leixa e unha mención de honra para a empresa Sistemas de Seguridade A1

03/10/22 | 14:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza unha convocatoria para incorporar iniciativas culturais, sociais e tecnolóxicas no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura

Ofértanse un total de 36 postos de traballo entre o Viveiro Gaiás e o Espazo de Cotraballo do CEM
 

03/10/22 | 13:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O FIOT de Carballo celebra o 30º aniversario de Mofa & Befa coa estrea de ‘Pirolíticos’, montaxe que conta co apoio da Xunta

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participa no acto de presentación do espectáculo no marco da homenaxe que lle rende o festival carballés ao dúo cómico que integran Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira
 

03/10/22 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o concello de Mugardos investigan o xacemento arqueolóxico de Noville

Vén de rematar o traballo de campo que busca achegar información relevante para planificar con maior eficacia futuros traballos neste espazo

02/10/22 | 13:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta forma a profesionais da cultura no deseño de políticas inclusivas nos museos galegos

O martes celébrase en Santiago de Compostela a xornada ‘Museos Sociais’ na que expertos reflexionarán sobre como mellorar o acceso e participación

02/10/22 | 12:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta coproducirá os novos espectáculos de danza de Kirenia Martínez, Janet Novás e Paula Quintas

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades adxudica 54.000 euros a estes proxectos, inseridos no programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego