Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e a orquestra Panorama presentan un videoclip para promover o Camiño de Santiago
A coñecida orquestra adaptou o tema ‘Torres de Compostela’, composto para o Xacobeo 99, ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo
A Xunta apoiará con 1 M€ a mellora das infraestruturas turísticas dos concellos de ata 10.000 habitantes no marco do Plan Camiña
O Goberno galego pretende fomentar a recuperación, a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos dos municipios galegos co obxectivo de consolidar a oferta turística nas zonas rurais
O Plan Camiña mantén a aposta pola modernización de aloxamentos e restaurantes na liña das axudas que no 2021 beneficiaron a 18 establecementos ourensáns
A directora de Turismo de Galicia visitou hoxe un dos establecementos que se beneficiaron da convocatoria do ano pasado dunha liña de axudas que ten como obxectivo reforzar a imaxe de Galicia como destino seguro e de calidade cunha oferta competitiva
A Xunta reclama ampliar as desgravacións ao Xacobeo para facer dos patrocinadores “embaixadores dos seus valores”
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, instou hoxe no Parlamento de Galicia a que o Goberno central deixe de discriminar o Xacobeo fronte a eventos doutras CCAA nos que a desgravación fiscal superou o período de celebración do mesmo
Xunta e Concello de Santiago avanzan na coordinación e a colaboración neste Xacobeo
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, reuniuse hoxe co concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e a xefa de Protección Civil, Begoña del Río
Sete empresas optan á obra de acondicionamento do albergue de peregrinos de Ferrol
A cidade contará este ano co seu primeiro albergue de peregrinos no que o Goberno galego investirá 467.000 euros
A Xunta destinará 2M€ á orde de axudas para mellorar as infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o hotel La Noyesa do Grove, un dos negocios beneficiarios o ano pasado desta liña de axudas
Gabriel Alén supervisa as obras de reforzo da seguridade viaria na OU-113 ao seu paso por Laza
Gabriel Alén explicou que nesta actuación, encamiñada a favorecer a seguridade, a comodidade e a experiencia do peregrinos, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste preto de 36.000 euros
A Xunta convocará unha nova edición de 'O teu Xacobeo' para impulsar en toda Galicia proxectos relacionados co Ano Santo
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe en Ferrol que está prevista a publicación a finais de mes da terceira convocatoria á que o Goberno galego destinará 1,5M€
A Xunta executa obras de mellora da seguridade na estrada AC-934, no treito coincidente co Camiño Norte, ao paso polo Concello de Sobrado
A actuación consiste na construción de dous tramos de senda de 1,5 metros de ancho pola marxe dereita da vía, entre os puntos quilométricos 19+120 e 20+630