Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta coordina coa industria naval as medidas a seguir para velar pola seguridade e a saúde dos traballadores
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes do Clúster Naval Galego (Aclunaga) no que destacou que a prioridade na reactivación da actividade é a protección do persoal
A Xunta ponse en contacto co Goberno para coñecer as prestacións concedidas ás persoas incluídas nos ERTE e saber se se van poñer en marcha medidas que axilicen os pagos
O Goberno autonómico aposta por unha maior flexibilidade administrativa que permita ir pagando as prestacións aos afectados por expedientes de regulación temporal de emprego a medida que se vaian resolvendo
Galicia rexistra un total de 5.973 casos infectados por coronavirus
Un total de 1.240 persoas xa foron dadas de alta
A Xunta reparte outras 20.000 máscaras de protección fronte ao coronavirus entre distintas entidades asociativas do sector pesqueiro, marisqueiro e bateeiro
Este lote súmase ás 10.000 máscaras xa entregadas a semana pasada ás lonxas dos portos de titularidade autonómica que seguen operativas a pesares da declaración do estado de alarma pola alerta sanitaria
O blog 'A escola infantil na casa' posto en marcha pola Xunta rexistra máis de 33.000 visualizacións na súa primeira semana de funcionamento
Esta ferramenta permite que as nenas e nenos de 0 a 3 anos teñan material educativo que dea continuidade ás dinámicas das escolas infantís
A Xunta crea 'Mercaproximidade', unha canle alternativa de comercialización para os produtos agrogandeiros galegos que viron reducidas as súas vendas por mor da emerxencia sanitaria
O DOG publica hoxe a orde que regula a iniciativa, á que poderán adherirse os produtores de froitas, hortalizas ou mel, os gandeiros de vacún, porcino, ovino ou caprino, así como as industrias transformadoras
Portos de Galicia hixieniza os edificios das lonxas con maior actividade como medida de prevención ante o COVID-19
O ente público procederá hoxe ao baldeo exterior con lixivia diluída das instalacións de Carril, Vilaxoán, Vilanova e O Xufre
O Sergas aconsella aos traballadores de centros sanitarios empregar mascarillas se non poden manter a distancia de seguridade recomendada
Esta medida debe complementarse coas outras medidas indicadas de distanciamento posible entre persoas e hixiene de mans
Xunta e arquitectos opóñense á modificación unilateral do plan estatal de vivenda, que xera 3.000 empregos en Galicia
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo esta mañá unha videoconferencia coa decana do Colexio de Arquitectos de Galicia, Elena Ampudia, quen lle trasladou a inquedanza do sector polas últimas decisións do Goberno central en materia residencial
Galicia rexistra un total de 5.939 casos infectados por coronavirus
Un total de 1.186 persoas xa foron dadas de alta