Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia rexistra un total de 6.416 casos infectados por coronavirus
Un total de 1.588 persoas xa foron dadas de alta
A Xunta subministra 88.000 mascarillas a empresas e autónomos de Lugo a través de asociacións empresariais
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, subliñou que a Xunta continuará distribuíndo este material aos sectores produtivos ao mesmo prezo ao que o adquire
A Xunta remite á Asociación Profesional de Empresas Medioambientais o criterio do ISSGA sobre as medidas de seguridade para a recollida e tratamento dos residuos
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda envía aos membros de Aproema a resposta do ente responsable da seguridade e saúde laboral en Galicia, para que trasladen aos seus socios as medidas e protocolos que garanta unha total seguridade aos operarios que recollen e manipulan residuos sanitarios
A Xunta entregou na provincia de Ourense o primeiro envío de 36.000 mascarillas a empresas e autónomos que retomaron a súa actividade
A Administración autonómica encárgase da subministración a custo cero deste equipamento a aquelas entidades que as solicitan
Os axentes ambientais e bombeiros forestais do Servizo de prevención e defensa contra os incendios suman máis de 2.200 desinfeccións para previr o contaxio do coronavirus
Cando se cumpren catro semanas de colaboración contra a pandemia, levan entregado a maiores máis de 170 alfombras e 300 sprays desinfectantes para reforzar a protección de centros de saúde, residencias ou oficinas comarcais
Conde destaca o servizo á sociedade do sector alimentario galego e apunta á innovación e a internacionalización como claves para o seu futuro
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) no que avaliaron as diferentes necesidades das empresas deste ámbito
Galicia rexistra un total de 6.296 casos infectados por coronavirus
Un total de 1.548 persoas xa foron dadas de alta
O 061 de Galicia asistiu a sete persoas por seis accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 17 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 19 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu seis chamadas por accidentes de tráfico
Feijóo pide ao Goberno central un proceso de desescalada seguro, gradual e coñecido no tempo que protexa ás familias e aos traballadores e dea un horizonte aos sectores económicos
Subliña a decisión da Xunta de anticiparse e apostar por unhas instrucións claras a toda a poboación no momento da reapertura, como o uso xeneralizado de mascarillas, para as que pide unha baixada do IVE
Galicia rexistra un total de 6.205 casos infectados por coronavirus
Un total de 1.536 persoas xa foron dadas de alta