Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

08/07/20 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do proxecto de trazado, construción e impacto ambiental da primeira fase da variante de Carballo, no tramo de Bértoa

A Plataforma de contratos de Galicia publica hoxe a licitación desta actuación por un importe superior aos 170.500 euros

07/07/20 | 14:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remítelle asinado ao Concello de Viveiro e á Deputación de Lugo o convenio para definir as actuacións para minimizar o risco de asolagamento en Xunqueira

As tres administracións cofinanciarán a partes iguais os 69.000 euros necesarios para a redacción do proxecto para naturalizar o leito do río Fontecova ao seu paso polo núcleo de Xunqueira

07/07/20 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da nova senda peonil e ciclista entre Coirados e Pardavila, en Marín

Os traballos, adxudicados por un importe superior aos 570.000 euros, consistirán na construción dun itinerario duns 2 quilómetros pola marxe esquerda da vía

07/07/20 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras das sendas peonís na estrada OU -537, en San Cibrao das Viñas, e na ou-536, na Derrasa, no Pereiro de Aguiar

Os traballos, contratados por un importe de preto de 780.000 euros, contan cun prazo de execución de 6 meses

07/07/20 | 11:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora de firme da estrada autonómica AC-840 na travesía de Melide

A actuación conta cun prazo de execución dun mes e abarca un tramo da vía de preto de 1,3 quilómetros

06/07/20 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto da senda peonil e de reparación de beirarrúas na estrada autonómica PO-549 ao seu paso por Vilanova de Arousa

O trámite administrativo realízase a efectos expropiatorios e o prazo para presentar suxestións estará aberto ata o vindeiro 17 de agosto

06/07/20 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de mellora do firme en varias estradas autonómicas nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Betanzos

A actuación, adxudicada por un importe de máis de 880.000 euros, conta cun prazo de execución de 5 meses e o obxectivo é iniciala a finais de xullo

06/07/20 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega ao Concello Ourensán de Barbadás tres marquesiñas para mellorar o servizo aos usuarios do transporte público

O obxectivo destas infraestruturas, que se instalarán na OU-540 ao seu paso polo termo municipal, é protexer aos usuarios das inclemencias meteorolóxicas e facer máis cómoda e segura a espera

06/07/20 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 1,4 millóns de euros as obras de mellora da rúa Marcelo Macías, no Concello de Ourense

Esta actuación conta cun prazo de execución de 12 meses e o obxectivo é poder iniciala en agosto

06/07/20 | 11:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica hoxe a encomenda de xestión para a licitación e execución do contrato de servizo para o deseño das actuacións da nova Estratexia galega de mobilidade

Trátase de definir unha rede coordinada de servizo e infraestruturas moderna, sostible e eficiente que aumente a competitividade