Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

11/03/22 | 20:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta confía no despegue este ano do Camiño de Santiago a nivel internacional

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu esta tarde á XXXV Asemblea Anual da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, que este ano se celebra na cidade compostelá

02/03/22 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola recuperación do turismo grazas ao Plan Camiña e destaca a inversión de 1 M€ en diversas actuacións de mellora e de promoción no Camiño Francés

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe con representantes da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e asinou co presidente da entidade un protocolo de actuación para levar a cabo actuacións de mellora paisaxística e de promoción do Ano Santo nesta ruta

01/03/22 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recupera en Ames o BIC da Ponte de Augapesada, creando un punto de repouso no Camiño Fisterra-Muxía

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou os traballos executados ao abeiro das axudas de 2021 para o embelecemento do Camiño

28/02/22 | 11:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Xacobeo Next Generation investirá 27,4 M€ na rehabilitación de 12 BICs da comunidade como a Casa Museo Valle Inclán de Vilanova de Arousa

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este Ben de Interese Cultural (BIC), un dos 12 da comunidade beneficiados de fondos europeos que se destinarán a levar a cabo intervencións no patrimonio histórico no Camiño de Santiago para destinalo a usos turísticos

26/02/22 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta coloca unha mouteira no mosteiro de Sant Pere de Rodes de Girona nun dos puntos de entrada do Camiño de Santiago a España

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou un dos elementos máis representativos do Camiño, que será o quinto instalado noutras comunidades de España

24/02/22 | 19:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias destaca a aposta da Xunta polo Camiño de Inverno neste Xacobeo, con investimentos por máis de 2 M€ no sur de lugo

O delegado territorial de Lugo comprobou as melloras executadas nun treito á altura de Rioseco, en Monforte de Lemos

24/02/22 | 14:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mobilizará máis de 27 M€ na mellora de 12 BIC no marco do Plan Xacobeo Next Generation

O vicepresidente primeiro incide en que a Comunidade recibiu case o 40% dos fondos desta convocatoria aberta polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para rehabilitar o patrimonio histórico de uso turístico dos Camiños

19/02/22 | 12:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia o proceso para o lanzamento da nova convocatoria do bono turístico

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que este mesmo luns abrirá o proceso de selección da empresa financeira que xestionará a nova edición do bono turístico e que prevé que o procedemento quede resolto en pouco máis dunha semana

15/02/22 | 13:53 | Secretaría Xeral para o Deporte
14/02/22 | 11:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o potencial do Camiño de Santiago como reclamo para descubrir a gastronomía galega

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu ao chef Martin Berasategui que co seu percorrido por varias etapas do Camiño de Santiago se converta no mellor embaixador na promoción a ruta neste Xacobeo e tamén para dar a coñecer a calidade da cociña galega