Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 287 novas da área temática Exterior:

23/09/20 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traballa nun Plan Estratéxico da Década Xacobea 2021-2032 co obxectivo de contar cunha folla de ruta que aproveite as sinerxías dos tres próximos anos santos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, compareceu esta mañá na Cámara galega, a petición propia, para explicar as previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento nesta lexislatura

22/09/20 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia aposta por reforzar o papel da UE para dar unha resposta máis eficiente ás consecuencias da crise sanitaria da covid-19

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe nunha reunión virtual da comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións

18/09/20 | 14:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia aposta por dotar de recursos europeos ao sector turístico para paliar as consecuencias do coronavirus

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, representou hoxe á comunidade galega na comisión de Recursos Naturais do Comité Europeo das Rexións

16/09/20 | 13:56 | Secretaría Xeral de Emigración

A cuarta convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) incorpora dous novos países de procedencia ao programa da Secretaría Xeral da Emigración

Rusia e os Países Baixos súmanse aos 25 Estados de residencia dos beneficiarios desta iniciativa do Goberno galego

16/09/20 | 11:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta reúnese con expertos da Comisión Europea para abordar as consecuencias das medidas do Plan de recuperación para Europa en Galicia

A Fundación Galicia Europa acolle a primeira dunha serie de encontros baixo o nome ‘Galicia na recuperación económica europea’ dirixidos aos directores xerais dos distintos departamentos da Administración autonómica

13/09/20 | 13:10 | A Presidencia da Xunta

Galicia e Asturias traballarán conxuntamente para lograr unha aterraxe suave no próximo período de fondos europeos

Feijóo e Barbón apostan por crear un equipo de traballo para reclamar en Madrid e Bruxelas que ningunha rexión baixe abruptamente os fondos que percibía no período anterior

13/09/20 | 10:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberto o prazo de inscrición para a primeira edición dixital da Semana Europea das Rexións e Cidades

O período de inscrición para asistir á #EURegionsWeek está aberto até o 27 de setembro de 2020

10/09/20 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta as propostas consensuadas co Norte de Portugal para abordar no próximo Cumio Ibérico

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Bragança na reunión da Comisión hispano lusa de Cooperación Transfronteiriza para preparar este encontro entre os Gobernos de España e Portugal

14/08/20 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Galicia Europa centra a súa actividade en abordar as iniciativas da UE como resposta á crise sanitaria da covid-19

Durante o confinamento reforzou a súa actividade informativa sobre a actuación da Unión Europea con dous apartados específicos na súa páxina web relacionados co coronavirus e o plan de recuperación económica para Europa

06/08/20 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A próxima convocatoria do programa ‘Iacobus’ priorizará os proxectos de investigación para loitar contra a covid-19

A finais deste ano está prevista a publicación da oitava edición das estadías de persoal investigador entre Galicia e o Norte de Portugal e a terceira convocatoria do ‘Iacobus Papers’ para apoiar a divulgación científica