Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Educación:

04/03/22 | 19:35 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta ampara a sinatura do protocolo entre as federacións de piragüismo española, portuguesa e galega que dará lugar á nova Liga da Eurorrexión

A Liga Eurorrexión estará composta por catro regatas -pista de sub23 e sénior, maratón de xuveniles, sénior e veteranos, travesía e caiac de mar de cadetes a veteranos e Trofeo Xacobeo de Novas Promesas- dúas a celebrar en Galicia e outras dúas a celebrar na zona norte de Portugal
 

03/03/22 | 15:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural; C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Feijóo avanza un investimento de 5,5 millóns para o novo servizo de medicina nuclear do Complexo Hospitalario de Ourense

Anuncia que a Consellería de Medio Ambiente habilitará máis de 340.000 metros cadrados de nova superficie industrial en San Cibrao das Viñas, cun investimento de 10 M€

26/02/22 | 12:38 | Secretaría Xeral para o Deporte

Crecente e Cerdedo-Cotobade estrean cuberta da pista de pádel e equipamento do ximnasio municipal tras un investimento de 70.000 euros

A cuberta da pista de pádel de Crecente contou cun orzamento de 41.000 euros e o equipamento do novo ximnasio municipal de Cerdedo-Cotobade está valorado en máis de 28.000 euros

25/02/22 | 16:03 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Campionato Galego de Campo a Través de Lourenzá (Lugo) confirma a recuperación do Xogade que xa está en cifras pre-pandemia

Lete Lasa apuntou cara unha recuperación similar nos datos das licenzas deportivas que comezan a achegarse aos 275.000 federados de 2019 e salientou algúns exemplos como fútbol ou baloncesto que xa contan con máis fichas que antes da pandemia

24/02/22 | 17:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A delegada territorial da Xunta en Vigo asiste á entrega de premios da primeira etapa de "O Gran Camiño" entre O Porriño e Vigo

Marta Fernández-Tapias fixo entrega do maillot amarelo a Magnus Cort Nielsen como líder da clasificación xeral

23/02/22 | 14:04 | Secretaría Xeral para o Deporte

Os clubs da provincia de Lugo recibiron equipamentos deportivos por importe de 413.000 euros

O secretario xeral para o Deporte e o delegado da Xunta en Lugo supervisaron o material recibido por seis clubs lucenses: bicicletas, rolos, bacas, caixas de primeiros auxilios, embarcacións, pas, chalecos, remolques e dúas furgonetas

22/02/22 | 19:51 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta impulsará a primeira liga galega de remo de banco móbil neste mesmo ano 2022

Contará con catro regatas -6 de marzo, 3 de abril, 1 de maio e 12 de xullo- e terá como prioridade os botes curtos e as categorías inferiores para acadar unha maior participación e propiciar a captación de novos talentos

15/02/22 | 15:08 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa asegura que os campionatos de España de atletismo en Ourense volverán ser “os mellores da historia”

Serán os quintos campionatos nacionais que acolle a “mellor pista cuberta de España” tras o sub 20 de 2018, o máster de 2019, o absoluto de 2020 e o máster de 2022