Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta ampara a sinatura do protocolo entre as federacións de piragüismo española, portuguesa e galega que dará lugar á nova Liga da Eurorrexión
A Liga Eurorrexión estará composta por catro regatas -pista de sub23 e sénior, maratón de xuveniles, sénior e veteranos, travesía e caiac de mar de cadetes a veteranos e Trofeo Xacobeo de Novas Promesas- dúas a celebrar en Galicia e outras dúas a celebrar na zona norte de Portugal
Feijóo avanza un investimento de 5,5 millóns para o novo servizo de medicina nuclear do Complexo Hospitalario de Ourense
Anuncia que a Consellería de Medio Ambiente habilitará máis de 340.000 metros cadrados de nova superficie industrial en San Cibrao das Viñas, cun investimento de 10 M€
Crecente e Cerdedo-Cotobade estrean cuberta da pista de pádel e equipamento do ximnasio municipal tras un investimento de 70.000 euros
A cuberta da pista de pádel de Crecente contou cun orzamento de 41.000 euros e o equipamento do novo ximnasio municipal de Cerdedo-Cotobade está valorado en máis de 28.000 euros
O Campionato Galego de Campo a Través de Lourenzá (Lugo) confirma a recuperación do Xogade que xa está en cifras pre-pandemia
Lete Lasa apuntou cara unha recuperación similar nos datos das licenzas deportivas que comezan a achegarse aos 275.000 federados de 2019 e salientou algúns exemplos como fútbol ou baloncesto que xa contan con máis fichas que antes da pandemia
A delegada territorial da Xunta en Vigo asiste á entrega de premios da primeira etapa de "O Gran Camiño" entre O Porriño e Vigo
Marta Fernández-Tapias fixo entrega do maillot amarelo a Magnus Cort Nielsen como líder da clasificación xeral
Os clubs da provincia de Lugo recibiron equipamentos deportivos por importe de 413.000 euros
O secretario xeral para o Deporte e o delegado da Xunta en Lugo supervisaron o material recibido por seis clubs lucenses: bicicletas, rolos, bacas, caixas de primeiros auxilios, embarcacións, pas, chalecos, remolques e dúas furgonetas
A Xunta impulsará a primeira liga galega de remo de banco móbil neste mesmo ano 2022
Contará con catro regatas -6 de marzo, 3 de abril, 1 de maio e 12 de xullo- e terá como prioridade os botes curtos e as categorías inferiores para acadar unha maior participación e propiciar a captación de novos talentos
Lete Lasa asegura que os campionatos de España de atletismo en Ourense volverán ser “os mellores da historia”
Serán os quintos campionatos nacionais que acolle a “mellor pista cuberta de España” tras o sub 20 de 2018, o máster de 2019, o absoluto de 2020 e o máster de 2022