Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

10/10/22 | 13:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta a plena colaboración da Xunta coa RAG para garantir a actividade da entidade durante o tempo que duren as obras de mellora na súa sede

Destaca o “compromiso inequívoco” co galego con campañas que fomenten o seu uso entre os mozos, as familias e no deporte; iniciativas para impulsar a formación dixital dos adultos nesta lingua ou o reforzamento de lazos coa lusofonía

09/10/22 | 09:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis dun millón de euros na promoción de 29 artistas e grupos a través das primeiras axudas ao talento musical galego

Cas d’Oleiro, Culturactiva, Ernie Producciones, EsmerArte, Kalderon Producciones, Lospregos, Musicarte Rey Saavedra, Nordesía, Play Plan Cultural, Xabier Díaz e Xonix Records son as 11 empresas apoiadas mediante esta convocatoria
 

07/10/22 | 18:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta remata a itinerancia de ‘100% María Casares. O teatro é o refuxio’ en Pontevedra

A exposición poderá verse ata o 2 de novembro na praza de España tras o seu paso por Santiago, Ferrol, Vigo, Lugo e Ourense

07/10/22 | 12:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva o traballo escultórico de Manolo Paz ás rúas de maior relevancia artística de Madrid

O proxecto expositivo ‘A distancia que nos une’ poderán verse ata decembro no Paseo de Recoletos, a Praza de Cibeles, o Paseo do Prado ou o Museo Tyssen-Bornemizsa

06/10/22 | 16:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á programación coa que Teatro del Andamio celebra os seus 20 anos de traxectoria como sala e compañía

O espazo coruñés vén contando co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para o desenvolvemento da súa carteleira de teatro familiar dentro da Rede Galega de Salas

06/10/22 | 14:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén subliña o compromiso da vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán con Valdeorras

O delegado territorial sinalou que esta mostra organizada pola Xunta “quere difundir a obra máis significativa do escritor ourensán e dar a coñecer os lugares onde transcorreu a súa vida”
 

06/10/22 | 13:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta lanza unha nova edición do Bono Cultura, que mobilizará 2 M€ nos establecementos e entidades culturais de Galicia durante este outono

Resalta que o obxectivo é “botar unha man” ao sector e aos consumidores neste difícil contexto económico de suba de prezos

05/10/22 | 16:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Editorial Xerais presentan ‘María Casares fronte ao espello’, de Sabela Hermida, unha retrospectiva do legado da artista no seu centenario

O secretario xeral de Política Lingüística e o director xeral de Cultura gaban a calidade da publicación na que se aborda dun xeito completo a complexa personalidade da actriz