Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Conservación da natureza:

30/10/20 | 13:09

Ames, Guitiriz e O Rosal súmanse á APLU para velar polo uso correcto do territorio e a protección da paisaxe

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e senllos rexedores municipais asinaron o convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, co que o número de concellos adheridos acada os 89

28/10/20 | 12:59

A Xunta pon en marcha o primeiro Pacto pola Paisaxe que une ás dúas provincias do interior de Galicia para protexer, conservar e difundir os valores naturais e patrimoniais de 21 concellos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda preside a sinatura do convenio polo que se planificarán as accións que recolle o segundo pacto que se asina en Galicia e que serán financiadas ao 100 por cento pola Xunta

17/10/20 | 12:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 1,5 millóns de euros na emerxencia do río Eume e do abastecemento de Pontedeume, a maior parte na modernización da potabilizadora municipal

Estímase que actuar na estación de tratamento de auga potable é a medida máis áxil e eficaz para lograr restablecer os parámetros que permitan o consumo da auga

14/10/20 | 12:19

A recollida de pilas no marco da campaña 'Pilabot' reactivarase a partir de mañá en 55 centros escolares galegos

As actividades previstas dentro desta iniciativa, organizada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e os xestores de pilas autorizados na Comunidade, foron suspendidas o pasado marzo debido á crise da Covid-19

09/10/20 | 13:21

Ángeles Vázquez aposta pola mobilidade sustentable para acadar contornas máis limpas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que o tráfico rodado é unha das principais fontes de contaminación do aire nas cidades, xunto coa actividade do sector doméstico-residencial

06/10/20 | 12:12

O Consello Galego de Medio Ambiente aproba o Plan de conservación do Monumento Natural do Souto da Retorta

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presidiu esta mañá por videoconferencia a reunión do Consello, que deu o visto e prace a este documento de conservación que agora poderá elevarse ao Consello da Xunta este mesmo mes

02/10/20 | 13:38

Unha axuda do programa de mellora das reservas da biosfera convocada por Medio Ambiente permitiu a restauración do ecosistema fluvial e do bosque de Ribeira no río Xarío en Miño

A conselleira Ángeles Vázquez visitou esta mañá esta actuación neste concello coruñés, que se beneficiou dunha axuda de case 60.000 euros ao abeiro das convocatorias deste programa de potenciación e posta en valor deste tipo de espazos

30/09/20 | 12:37

A taxa de reciclaxe de envases lixeiros en Galicia increméntase nun 10% e supera a media nacional

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ofreceu esta mañá unha rolda de prensa para informar das cifras de recollida de envases lixeiros e papel-cartón en 2019, que nos últimos cinco anos se ten incrementado nun 30%