Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Sanidade presenta aos profesionais sanitarios o Plan para a reactivación progresiva da asistencia en atención primaria
O Plan de Reactivación Asistencial foi deseñado coas achegas de colexios profesionais, sociedades científicas e asociacións do eido sanitario
Os axentes ambientais e bombeiros forestais do servizo de prevención e defensa contra os incendios suman máis de 4.500 desinfeccións para previr o contaxio do coronavirus
Este labor, de carácter voluntario, ten como principal obxectivo reforzar a protección de centros de saúde, residencias da terceira idade e de discapacitados ou oficinas comarcais do rural galego
Feijóo avanza o Plan de reactivación asistencial da Atención Primaria que optimizará o funcionamento dos centros e garantirá a seguridade dos profesionais e doentes
Afirma que está estruturado en varias fases que se desenvolverán dun xeito progresivo, desde o momento actual ata o mes de xuño
A Xunta traslada á Fegamp a relación de 1.428 parroquias nas que hai liberdade de horario de saídas desde hoxe
A lista foi elaborada despois do encargo da Delegación de Goberno a última hora da tarde de onte
Galicia rexistra un total de 2.727 casos activos por coronavirus
Un total de 7.138 pacientes xa están curados
Sanidade finaliza a primeira parte do seu estudo autonómico de seroprevalencia para analizar a circulación do COVID-19
Os resultados analizaranse nos vindeiros días polo Instituto Galego de Estatística para a obtención da información precisa por áreas territoriais e grandes núcleos poboacionais
A Delegación do Goberno dá finalmente á razón á Xunta e permite que o límite de 5.000 habitantes para as saídas se decida en función dos núcleos de poboación
A partir de mañá será efectiva a modificación e poderán saír con liberdade horaria as persoas que residan en núcleos separados de menos de 5.000 habitantes
A Xunta reitera ao Goberno central que faga públicos os datos do impacto do coronavirus nas residencias, dos que dispón desde hai un mes
Galicia, igual que o resto de comunidades, envía esta información dúas veces por semana ao Ministerio de Sanidad
Feijóo destaca a importancia da detección precoz do virus para controlar rebrotes e avanza que Galicia disporá de 400.000 novos test
Afirma que con este novo paquete de test de dobre banda, dos cales 100.000 xa foron entregados ao Sergas, Galicia reforza a súa capacidade de análise
A Xunta doa hoxe ao Complexo Hospitalario de Ferrol queixos e carne de Ternera Gallega no marco da rede Mercaproximidade
Estes produtos agroalimentarios súmanse aos xa repartidos polo Goberno galego noutros hospitais da comunidade, así como en numerosos comedores e entidades de toda España