Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia a vindeira semana os traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas da Mariña e Terra Chá
Estas intervencións desenvolveranse desde o luns nas estradas LU-862, entre O Vicedo e Viveiro, e na autovía AG-64, entre Vilalba e Xermade
O avance na renovación do firme na autoestrada AG-53, entre Dozón e San Cristovo de Cea, fará necesarios cortes no tronco e no enlace de Piñor desde o luns ata o venres
Estes peches realizaranse desde a mañá do luns ata a mediodía do venres
A Xunta avanza na execución da senda peonil e ciclista na estrada LU-633, no treito que discorre polo Camiño Francés, en Portomarín
A actuación, cun orzamento de 285.000, conta cun prazo de execución de 6 meses
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza en catro ríos do Concello de Arteixo
No marco desta intervención estase a traballar nos ríos Seixedo e Arteixo, e nos regos de Vidueiro e Sisa
A Xunta reforza a seguridade viaria na travesía de Sada coa instalación de sinais led para unha mellor visibilidade dos pasos de peóns
Trátase de incrementar seguridade de veciños e usuarios que transitan a pé pola travesía da estrada autonómica AC-163 que discorre paralela ao paseo marítimo
A Xunta reitera a súa disposición e interese en acadar unha solución xurídica sobre a dragaxe da ría do Burgo que non implique parar indebidamente a actividade marisqueira
A Consellería de Infraestruturas dirixiuse ata en catro ocasións nas últimas semanas ao secretario de Estado de Medio Ambiente solicitando unha reunión e demandou a convocatoria inmediata dun encontro entre os servizos xurídicos sen obter resposta
A Xunta remata as obras de dotación de abastecemento ao núcleo de Prado, no municipio de Friol, cun investimento de 180.000 euros
Executouse o sistema de captación nas inmediación do núcleo de Silvela, e un depósito con capacidade para 75.000 litros, que funciona con enerxía solar
As obras de mellora do firme na vía de altas prestacións VG-2.1, en Monforte de Lemos, fan necesario hoxe o corte do tráfico en dous ramais
O ramal 1 e o acceso á estrada N-120 permanecerá pechado entre as 8 e as 13 horas e o ramal 2, entre as 14.30 e as 18 horas
Preto de 2.000 menores de 21 anos da provincia de Ourense viaxan de balde no autobús interurbano da Xunta coa tarxeta ‘Xente nova’ tras dous meses e medio de funcionamento
O maior número de usuarios mozos nesta área pertence á capital da provincia, con 728 dispositivos, seguidos polos 340 de Barbadás
Ethel Vázquez avanza que a comezos do vindeiro ano os veciños de Sada e Oleiros terán ao seu servizo máis de 1 quilómetro de sendas seguras en Fontán e entre Mandín e As Torres
Vázquez Mourelle sinala que a senda peonil e ciclista na estrada AC-163 facilitará o acceso a Fontán, completando o itinerario entre Pazos e Sada