Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

17/08/21 | 09:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina un convenio co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para a reconstrución de vivendas en Mozambique

O obxectivo é recuperar as construcións afectadas por ciclóns no municipio de Boane e formar ao persoal técnico ante futuras crises provocadas polo cambio climático

11/08/21 | 13:00

A Xunta reparte máis de 10 M€ entre 22 concellos para actuacións en áreas de rehabilitación integral

Deste xeito, o Goberno galego cumpre co obxectivo de asignar o 100% dos fondos dispoñibles para 2021 no marco do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural

11/08/21 | 11:06

A Xunta amplía ata os 3,4 millóns de euros o orzamento do programa de fomento de conservación e mellora de accesibilidade das vivendas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda incrementa en 2,7 millóns de euros a convocatoria de 2021, cos que prevé atender 170 solicitudes máis

08/08/21 | 11:02

Máis de 200 mozos galegos xa solicitaron unha axuda para comprar unha vivenda nun concello de menos de 5.000 habitantes

Esta liña de incentivos, pola que se pode acceder a unha subvención de 10.800 euros, segue aberta ata o 1 de setembro

02/08/21 | 12:07

O Consorcio Casco Vello de Vigo intensifica o seu Plan de actuación e anuncia a compra de 25 edificacións nos vindeiros catro anos

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada da Xunta en Vigo informou hoxe que os obxectivos fixados polo ente contemplan a construción de 45 novas vivendas cunha inversión de 14,5 millóns de euros ata o 2025

29/07/21 | 19:18

A Xunta lembra que axustou os prezos de venda e renda da vivenda protexida de protección autonómica para impulsar a súa construción

O sector traslada a súa colaboración á conselleira para tratar de modificar as condicións que fixou o Goberno central nos programas de vivenda dos fondos europeos

21/07/21 | 15:45

A Xunta solicita ao Goberno central reconsiderar as condicións que fixa para a aplicación dos fondos europeos de vivenda

Ángeles Vázquez sinala que o Goberno galego está de acordo co reparto, pero os prazos e os requisitos esixidos aos beneficiarios non son asumibles nin para eles nin para a Administración autonómica

20/07/21 | 15:16

As dúas liñas de rehabilitación da Xunta dirixidas aos concellos garantirán o acceso a unha vivenda a case 70 familias de 32 municipios galegos

Ángeles Vázquez fixo balance das axudas concedidas ao abeiro dos programas de inmobles de titularidade municipal e de infravivenda, cos que se achegan case 2 millóns de euros entre os concellos beneficiados

16/07/21 | 13:02

Fernández-Tapias entrega as chaves de Berbés 41 a unha nova veciña do Casco Vello vigués

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada da Xunta en Vigo pon en valor a importancia de promover vivendas de promoción pública, nomeadamente na cidade viguesa cos maiores rexistros de demandantes de entre as urbes galegas