Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 258 novas da área temática Urbanismo:

18/09/20 | 13:31

A Xunta adxudicará en outubro a urbanización da fase 2 do polígono das Gándaras e prevé licitar unha nova ampliación en 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse esta mañá con empresarios lucenses para trasladarlles os últimos avances e os próximos pasos do IGVS para mobilizar máis solo industrial na cidade da Muralla

18/09/20 | 12:18

Medio Ambiente fallará no mes de decembro os galardóns da terceira edición dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presidiu esta mañá a reunión do xurado destes premios, que recolle catro modalidades de galardóns e teñen unha dotación global de 24.000€

15/09/20 | 12:21

A Xunta ofrece o seu apoio ao tecido empresarial para defender os intereses das preto de 5.000 edificacións afectadas en Galicia pola modificación da normativa estatal de costas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, lembra que o Executivo galego foi o primeiro en alertar hai máis dun ano da inseguridade xurídica e da incerteza que suporía a reforma para edificacións asentadas no litoral

03/09/20 | 13:42

A Xunta trasládalle ao Concello de Vigo as principais conclusións do seu informe urbanístico sobre o borrador do PXOM

Tras cumprir este trámite, Medio Ambiente estará en disposición de formular xa o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico a finais deste mes

14/08/20 | 14:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defenderá na Comisión Bilateral co Estado a legalidade das cuestións relativas ao imposto de sucesións e á Lei do solo

Lembra que a redución fiscal do imposto sobre sucesións e doazóns para as empresas que teñan o seu centro principal na comunidade autónoma é un requisito que xa se esixe desde 2002 e que existe en 8 comunidades autónomas

10/07/20 | 11:43

Medio Ambiente colaborará co concello de Outeiro de Rei na creación dunha nova área deportiva para os veciños

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Outeiro de Rei asinaron un protocolo de colaboración, polo que se comprometen a impulsar a construción dun complexo de piscinas e dun centro BTT

03/07/20 | 11:03

O DOG publica a resolución pola que se declara a área rexurbe da Coruña, que comprende a améndoa central da cidade vella e o eixo Orzán-Panadeiras

No ámbito desta Área Rexurbe existen 73 inmobles con deficiencias, ademais de espazos públicos necesitados de melloras

04/06/20 | 11:22

Aberto o prazo para a presentación de ofertas para a adquisición de inmobles no Casco Histórico de Mondoñedo

Trátase dunha oferta ao abeiro do Programa Rexurbe, polo cal a Xunta adquire edificios e fincas nos conxuntos históricos das vilas galegas co fin de rehabilitalos e ofrecer vivendas en alugueiro ao veciños

01/06/20 | 12:56

Medio Ambiente aproba o primeiro PXOM do Concello de Guitiriz co obxectivo de desenvolver o seu potencial como vila termal

A conselleira Ángeles Vázquez asinou hoxe a orde de aprobación definitiva do plan, que terá unha vixencia de 16 anos e substitúe ás normas subsidiarias de 1985

25/05/20 | 12:01

Entran en vigor as primeiras Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia para unificar criterios técnicos para a elaboración de documentos de ordenación

Esta nova ferramenta en materia urbanística prioriza a dixitalización dos datos espaciais como garantía de acceso á planificación territorial ao conxunto da sociedade