Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Portos de Galicia adxudica un contrato para medir durante dous meses as ondadas e as correntes no peirao de Malpica
Os traballos inclúen a instalación de tres sensores de presión en distintos puntos do porto para recompilar datos de ondada e a obtención de información das correntes mediante un equipo especial de medición
Galicia mostra na Feira BootDüsseldorf a súa oferta náutica de calidade e enxalza a súa situación estratéxica para captar tránsitos
A presidenta de Portos de Galicia mantivo esta semana numerosos contactos con profesionais do sector para promocionar a comunidade como destino do turismo náutico do norte de Europa
Portos de Galicia fará actuacións de urxencia na nave de redes de celeiro para reparar os danos causados polos temporais
A presidenta do ente público visitou o peirao e informou aos representantes da confraría de pescadores dos traballos na cuberta do inmoble así como doutras melloras que se realizarán na estrutura para evitar novas incidencias no futuro
Portos de Galicia analiza coa confraría e bateeiros da Pobra do Caramiñal a necesidade de reparacións nos pantaláns do Peirao
O ente público dependente da Consellería do Mar acometerá reparacións puntuais para atender necesidades urxentes e licitará a execución de melloras substanciais nas infraestruturas flotantes da Pobra do Caramiñal
A Xunta completa a dixitalización de catorce rulas galegas
Ferrol, Cariño, Baiona, Vilaxoán, Fisterra, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, A Guarda, Aldán, Camariñas, Vilaboa, Arcade, Barallobre e Mugardos xa dispoñen desta plataforma tecnolóxica única que integra os sistemas de xestión, poxa e comercialización