Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

29/03/22 | 11:07

A Xunta convoca catro novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de Pontedeume

O prazo de presentación de solicitudes está aberto tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería do Mar

28/03/22 | 15:33

A Xunta repoboou os ríos Lérez, Miño e Ulla na provincia de Pontevedra con 3,65 millóns de xuvenís de salmón nos últimos vinte anos

Luis López, xunto cos técnicos de Medio Ambiente e da piscifactoría autonómica de Carballedo, liberou no couto das Laogas un cento de troitas de dous anos de idade e unha talla de vinte centímetros

26/03/22 | 14:37

Galicia participa no deseño dunha estratexia formativa en tecnoloxías marítimas para impulsar a remuda xeracional no sector

Os resultados do proxecto europeo MATES, coordinado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, presentaranse en Bruxelas o vindeiro martes 29 de marzo no evento final desta iniciativa

25/03/22 | 12:24

Galicia insta ao Goberno central a adoptar unha solución inmediata ao bloqueo do transporte de produtos do mar

Rosa Quintana subliñou que España segue esperando a concreción de medidas de apoio á frota pesqueira ante a suba do gasóleo, mentres que outros estados xa as tomaron hai tempo

23/03/22 | 17:27

Galicia urxe ao Goberno central a adoptar medidas inmediatas de apoio ao sector pesqueiro ante o actual contexto de crise económica

Rosa Quintana expuxo que a Xunta traballa nas medidas que é posible aplicar desde Galicia como a bonificación do 100% das taxas dos portos galegos durante un mínimo de dous meses

23/03/22 | 12:57

Galicia aposta polo cultivo sustentable e competitivo de produtos do mar para responder á demanda de consumo

A comunidade galega defende que a Unión Europea debe favorecer o desenvolvemento sustentable deste sector como parte dunha estratexia xeral que garanta a seguridade alimentaria no marco do Pacto Verde Europeo

22/03/22 | 17:31

A Xunta traslada ao sector o borrador de orde de extracción da mexilla para garantir a trazabilidade do recurso e incorporar as tecnoloxías á súa xestión

O Executivo galego expuxo o texto ás asociacións de produtores de mexillón da comunidade co obxectivo de debatelo e introducir as suxestións e propostas que se consideren oportunas para mellorar a regulación da actividade

21/03/22 | 15:04

Galicia demanda ao Goberno central medidas urxentes para paliar a crise actual e garantir a viabilidade das empresas da cadea mar-industria

A Xunta e a Confederación Mar-Industria Alimentaria coinciden na necesidade de que España adopte decisións inmediatas para reducir os prezos da enerxía ao igual que fixeron outros países como Francia, Irlanda ou Portugal no caso dos combustibles

20/03/22 | 12:08

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño recupera as visitas guiadas para divulgar o seu labor tras dous anos de parón pola pandemia

O centro dependente da Consellería do Mar recibiu esta semana a un primeiro grupo de alumnas e alumnos do Centro de Estudos Superiores Aloya de Vigo e nos vindeiros días fará o propio cun segundo así como con integrantes da Sociedade Atlántica de Maricultura (Satmar) de Francia