Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

27/10/22 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incrementa o seu orzamento en 2023 ata os 578,5 M€, que levan aparellados preto de 11.000 empregos

Ethel Vázquez salienta os máis de 24 M€ que se destinarán a mellorar a resistencia fronte á seca e a actuar nos sistemas de abastecemento municipal, así como os 12,6M€ para afrontar con maiores garantías os riscos de inundacións

27/10/22 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
27/10/22 | 11:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-543 ao seu paso polo concello de Brión

O Goberno galego inviste case 50.000 € na rehabilitación do firme desta vía para a eliminación do tramo de concentración de accidentes situado no entorno da rotonda do quilómetro 9+300

25/10/22 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destinará 90 M€ a intensificar a aposta polo transporte público para estender a todo o territorio as vantaxes dos autobuses metropolitanos

Vázquez Mourelle subliña que o Goberno galego seguirá a financiar o 76% do custo da prestación deste servizo público, polo que os cidadáns asumirán menos do 25%
 

25/10/22 | 14:07 | A Presidencia da Xunta

A Xunta anuncia actuacións fundamentais para configurar unha Pontevedra con mellores servizos, máis verde e con máis oportunidades

Rueda adianta a posta en marcha dun ambicioso proxecto para recuperar o Pazo de Lourizán e a súa contorna, vencellado co arquitecto David Chipperfield para convertelo nun referente do sector forestal e darlle un uso turístico
 

25/10/22 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a execución dunha senda peonil na estrada OU-933 na contorna do IES Cosme López Rodríguez, no Concello da Rúa

As obras contan cun investimento que rolda os 45.000 euros e consisten na habilitación dunha nova senda de preto de 700 metros de lonxitude pola marxe dereita da vía, na que se atopa o IES e onde existen accesos a vivendas

25/10/22 | 11:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a construción dunha senda na contorna do centro de control da AG-55 en Nantón, no Concello de Cabana de Bergantiños

O Goberno galego inviste case 50.000 € na execución dun itinerario peonil de 300 metros na marxe esquerda da AC-552, para dar servizo aos traballadores do centro de control da autovía e aos veciños de Cazón, Camafreita e Denellón

24/10/22 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da mobilidade peonil na ponte da estrada AC-550 en Esteiro, no concello de Muros

O obxectivo da actuación é habilitar un paso seguro e accesible para peóns e ciclistas non deportivos entre ambas as ribeiras do río, ao modo dunha senda mixta paralela á ponte na súa marxe augas abaixo

24/10/22 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de mellora de seguridade na estrada PO-315 ao seu paso pola parroquia de Beluso, no concello de Bueu

As obras suporán un investimento autonómico de preto de 340.000 € e prevense licitar este ano para a súa execución en 2023
 

24/10/22 | 11:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 1,45 M€ nos Orzamentos de 2023 para a construción dunha estrutura flotante no Parrote da Coruña que permita o baño e o recreo náutico

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e o presidente da Autoridade Portuaria avanzaron que o convenio de colaboración entre ambas entidades se aprobará mañá para iniciar as obras o vindeiro ano