Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 252 novas da área temática Comercio:

19/06/20 | 13:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta organiza o primeiro hackathon virtual de Galicia co obxectivo de desenvolver solucións innovadoras dirixidas ao comercio, a industria e o emprego

Do 27 ao 30 de xuño, empresas, centros de coñecemento e persoas innovadoras traballarán en 5 retos cos que adaptar o tecido empresarial á nova realidade

27/05/20 | 11:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa aos comerciantes da provincia de Pontevedra da posta en marcha da nova plataforma de autoavaliación Comercio Seguro

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá nun webinario con comerciantes e autónomos da zona, aos que presentou a nova iniciativa para que o sector transmita confianza á clientela

26/05/20 | 19:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa ao sector do comercio lucense da activación da nova plataforma de autoavaliación Comercio Seguro

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, interveu nun webinario con comerciantes e autónomos da provincia, aos que amosou o novo proxecto para trasladar confianza á clientela e contribuír á reactivación económica

25/05/20 | 13:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa a plataforma de autoavaliación Comercio Seguro para que o sector transmita confianza á clientela

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun webinario con comerciantes e autónomos da Coruña, aos que trasladou as medidas de apoio que a Administración autonómica ten en marcha para o colectivo

18/05/20 | 17:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta traballa cos artesáns galegos na posta en marcha de tendas pop-up virtuais e o reforzo das accións formativas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con diferentes asociacións, ás que informou das diferentes iniciativas que se están a desenvolver para apoiar o sector, que emprega preto de 8.000 persoas en Galicia

16/05/20 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende que se eliminen as franxas horarias e as limitacións ao municipio na práctica deportiva

O Goberno galego entende que, xa na fase I, deben levantarse estas limitacións que non están vixentes para outras actividades sociais

13/05/20 | 14:50 | C. de Economía e Industria

Os establecementos comerciais poden realizar rebaixas e promocións se garanten que non se producen aglomeracións

Tras as cuestións plantexadas o domingo polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o Goberno aclara que non se restrinxen este tipo de accións comerciais sempre que se respecten as medidas de seguridade

06/05/20 | 12:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta define a dixitalización, a loxística e a adecuación dos locais como claves de futuro para o comercio galego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nunha webinar na que se avaliou a situación do sector e as medidas para a reactivación do comercio de proximidade

01/05/20 | 11:20 | A Presidencia da Xunta
29/04/20 | 18:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta solicita protocolos claros a nivel estatal para que o comercio reinicie a súa actividade ofrecendo a máxima confianza aos consumidores

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reclamou na Conferencia Sectorial de Comercio instrucións precisas sobre como se vai proceder á reapertura dos establecementos