Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

17/09/22 | 14:26 | C. de Política Social e Igualdade
17/09/22 | 13:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta agradece ás familias acolledoras de Galicia o seu espírito solidario

Máis de 1.200 nenos en Galicia están integrados dentro do sistema de acollemento fa-miliar, unha forma de protección prioritaria para o Goberno autonómico

17/09/22 | 11:10 | C. do Medio Rural

Os produtos do agro e do mar de Galicia terán unha presenza destacada no Fórum Gastronómico da Coruña da man da Xunta

Preto de 40 empresas do sector participarán no evento baixo o paraugas da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural, e da Consellería do Mar
 

15/09/22 | 16:15 | C. de Política Social e Igualdade

O programa coidados porta a porta da Xunta leva beneficiado a máis de 17.000 persoas maiores

Percorre todos os concellos galegos agás as sete cidades desde o mes de marzo ofrecendo servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria

15/09/22 | 15:07 | C. de Política Social e Igualdade

Rueda anuncia que a Xunta aproba unha orde con 34,8 M€ para financiar a creación de prazas en escolas infantís en colaboración cos concellos

Resaltou que permitirá crear ata 3.400 novas prazas, isto é, un 11 % máis das que existen na actualidade

15/09/22 | 14:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora no marco do seu proxecto Artesanía no Prato co encontro Ferve, que se celebra esta fin de semana en Pontevedra

Os asistentes ás demostracións gastronómicas incluídas no programa poderán degustar os menús en pezas elaboradas por oito obradoiros da marca Artesanía de Galicia, especializados na cerámica, o coiro, a madeira e a fabricación de coitelos
 

14/09/22 | 13:35 | C. de Política Social e Igualdade

Trenor informa a AFACO das dúas liñas de axudas abertas para entidades sociais por un importe de 32 M€

A Xunta conta cunha orde dotada con 13 millóns de euros para a rehabilitación ou construción de centros de atención a maiores ou persoas con discapacidade e outra orde de 19,1 millóns de euros cargo ao 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) para impulsar programas de carácter social

13/09/22 | 15:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa as prazas públicas no centro de día de Fingoi de Lugo ata chegar ás 31

O Goberno galego destina 340.000 euros anuais a financiar estas prazas que sumaron tres novas durante este ano 2022

13/09/22 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias pon de relevo a importancia da Cátedra do Idadismo para visibilizar a importancia das persoas maiores na sociedade

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou hoxe no acto de presentación desta iniciativa, pioneira en España, e impulsada pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia e a entidade privada Atendo

13/09/22 | 13:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén aberto o prazo para acollerse ás axudas para a construción ou rehabilitación de centros de atención a maiores ou persoas con discapacidade

O programa está dotado con 13 millóns de euros e permitirá renovar a carteira de servizos promovidos polas entidades de iniciativa social