Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

14/10/21 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 166.000 euros as obras de mellora do saneamento nos núcleos do Sifón e San Vicenzo, no municipio de Avión

Trátase de conectar estes núcleos de poboación coa depuradora municipal, xa que na actualidade contan con redes de saneamento que conflúen en fosas sépticas cuxo funcionamento é deficiente

11/10/21 | 14:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
10/10/21 | 12:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 277.000 euros as obras que permitirán completar o servizo de saneamento no municipio de Irixoa

Executaranse 5 ramais en tubaxe, que se instalarán nas marxes das estradas existentes, entre elas, a vía autonómica AC-151 e a provincial DP-0905

05/10/21 | 12:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Culleredo asinan o convenio de colaboración para facilitar a execución do itinerario entre a Rúa Mero e o Paseo da Ría do Burgo

Augas de Galicia poñerá á disposición do Concello de Culleredo os terreos necesarios para o desenvolvemento destas obras

03/10/21 | 11:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de tres ríos no concello de Carnota

Estes traballos desenvólvense nos ríos Rateira, Pedrafigueira e Nóutigos, ao seu paso por distintos lugares das parroquias de San Mamede e de Santa Comba

02/10/21 | 11:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos regos do Campelo e das Maceiras, no concello de Redondela

Os traballos desenvólvense en ambos os dous regos ao seu paso polas parroquias de Reboreda e de Redondela

01/10/21 | 15:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/10/21 | 13:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Vedra asinan a colaboración para reforzar o saneamento neste municipio cun investimento de máis de 1,3 M€

Executaranse as obras de saneamento nas parroquias de San Mamede e de Santa Cruz de Ribadulla, completando un proxecto máis amplo no que Augas de Galicia terá investido un total de 2,3 M€

30/09/21 | 12:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 210.000 euros a execución dun novo muro de protección na marxe do río Mero en Ponte Peiraio, no concello de Cambre

Actuarase no noiro de sostemento da senda fluvial sobre a marxe esquerda da canle do río, acondicionando tamén o treito do itinerario soportado por este

29/09/21 | 15:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez sinala o concello de Melide como exemplo da mala xestión das redes municipais de saneamento que prexudican os ríos e chama a apoiar a lei do ciclo da auga para achegar solucións

Salienta que Augas de Galicia xa xestiona a depuradora municipal de Melide pero as redes municipais de saneamento continúan en mans do Concello e reciben os vertidos industriais que acaban no río Furelos sen depurar