Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

10/01/20 | 14:27

A Xunta dá un paso máis no seu compromiso coa cultura lucense e intensifica a súa colaboración co Círculo das Artes

O conselleiro de Cultura e Turismo e o presidente do Círculo das Artes asinaron hoxe un acordo que permitirá deseñar e realizar actuacións culturais en Lugo

10/01/20 | 11:01

O Museo Gaiás superou no Nadal as 23.000 visitas grazas á mostra 'Galicia, un relato no mundo' e á programación familiar

A primeira exposición internacional da Xunta para o Xacobeo 21 chegou a rexistrar en decembro varias datas de máis de 2.600 persoas nun só día e xa supera os 25.000 visitantes

09/01/20 | 14:01

A nova temporada da Rede Galega de Teatros e Auditorios ofrece 328 actuacións e 18 estreas ata xuño

O circuíto que promove a Xunta en colaboración con 45 espazos escénicos de toda Galicia arranca mañá en Lugo a súa programación semestral co espectáculo de danza ‘Mercedes mais eu’, protagonizado por Janet Novás e Mercedes Peón

09/01/20 | 11:19

A Xunta elixe Vigo como escenario da gala dos Premios da Cultura Galega, que renderán homenaxe á movida

A gala terá lugar o martes no teatro Afundación e contará con actuacións que conectarán a escena contemporánea galega con referentes culturais dos anos 80

08/01/20 | 18:33

A Xunta impulsa a terceira edición do Concurso de Rondallas da Área de Vigo que reunirá este domingo a 14 agrupacións da zona

O Goberno galego destinará 40.000 euros para a celebración deste certame ao que cada ano asisten preto de 10.000 persoas no Instituto Ferial de Vigo (Ifevi)

08/01/20 | 17:00

A Xunta de Galicia apoia a programación cultural do bicentenario do nacemento de Concepción Arenal

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiron á presentación do avance das actividades organizadas pola Universidade de Santiago

08/01/20 | 15:55

A Xunta apoia o Festival Internacional Pórtico do Paraíso nunha edición que se estende por vez primeira á provincia de Lugo

A décimo terceira entrega do evento, dedicado á difusión da música culta desde escenarios arquitectónicos singulares, desenvolverase do 6 ao 15 de marzo con dous concertos na Ribeira Sacra lucense, ademais de en Ourense e no Carballiño

07/01/20 | 13:39

A Consellería de Cultura e Turismo mellorará o firme e a sinalización da Ruta da Prata ao seu paso polos concellos de Vedra e Boqueixón

Ovidio Rodeiro, supervisou hoxe a zona na que se vai a desenvolver este proxecto, que forma parte dun plan de mellora desta vía onde se están a investir 2,1M€ nos concellos galegos do trazado

07/01/20 | 11:54

O Consello Reitor da Agadic acorda a contratación de Fran Núñez como novo director do Centro Dramático Galego

Ocupará o posto de coordinador do Departamento de Produción Teatral da Agadic, desde o que tamén planificará a actividade do Salón Teatro