Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

16/01/20 | 16:49

Nova Galega de Danza estrea ‘Leira’ no Teatro Rosalía Castro da Coruña e dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O espectáculo, con dirección artística de Jaime Pablo Díaz, conta con seis bailaríns en escena e coa voz e a música en directo de Rosa Cedrón

15/01/20 | 21:01 | A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza o valor da arquitectura para definirnos como somos, un pobo aberto que nunca renuncia a achegar a súa cultura ao gran río da cultura universal

Destaca que Manuel Gallego logra superar en cada obra a tensión entre a arquitectura case espontánea que floreceu noutros tempos en Galicia e a evolucionada, que sitúa á Comunidade no “Olimpo internacional dos arquitectos”

15/01/20 | 14:27

A Xunta impulsará no Casco Vello de Vigo un proxecto pioneiro que permitirá destinar 17 inmobles a usos culturais e turísticos

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a delegada territorial da Xunta na cidade, Corina Porro, presentaron hoxe ‘Vigo Crea. Barrio Creativo’

15/01/20 | 13:49

A Rede Galega de Teatros e Auditorios contribúe á programación de artes escénicas de Santiago con 19 funcións de 10 compañías

Intégranse na nova carteleira presentada hoxe no Teatro Principal, que ofrece 27 espectáculos tanto neste espazo como no Auditorio de Galicia

14/01/20 | 21:59 | A Presidencia da Xunta

A Xunta poñerá en marcha en Vigo un proxecto de barrio creativo e unha sede do CGAC para a exposición e a creación artística

Feijóo garante que os investimentos culturais da Xunta en Vigo seguirán e valora o auxe do Camiño Portugués da Costa que, en menos de 4 anos, desde a súa oficialización, converteuse na terceira ruta con maior afluencia

14/01/20 | 14:02

Anxo M. Lorenzo presenta a programación das xornadas de novela negra da biblioteca de Verín

Celebraranse os días 24 e 25 de xaneiro baixo o lema de ‘Personaxes de novela’ e contarán coa participación de escritores como José Antonio Vázquez Taín ou Pedro Feijoo así como de figuras que inspiraron personaxes deste xénero

10/01/20 | 21:15

O conselleiro de Cultura e o alcalde de Lalín inauguran unha mostra sobre o período arxentino de Maruja Mallo e Luís Seoane

‘Creacións máxicas de medidas exactas, Maruja Mallo e Luis Seoane en Bos Aires’

10/01/20 | 18:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago acolle unha exposición cos graffitis premiados e finalistas do programa Xuventude Crea 2019

As obras dos mozos finalistas e gañadores poderanse visitar neste centro compostelán desde hoxe ata o 8 de febreiro

10/01/20 | 14:50

A Xunta de Galicia celebra o Día do usuario das bibliotecas con máis dunha vintena de actividades

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participará mañá nas accións que terán lugar na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel