Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

23/09/20 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 5,3 millóns de euros as obras de mellora da capacidade e da seguridade viaria da estrada que une a autovía Ferrol-Vilalba e Ortigueira

Estes traballos na AC-862, cun prazo de execución de 18 meses, prevén o seu inicio na segunda quincena de novembro

23/09/20 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de mellora do firme na estrada AC-550, entre Padín e Deán Pequeno, no concello de Ribeira

Estas actuacións, adxudicadas por un importe de case 50.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo dun mes

23/09/20 | 11:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as obras da depuradora de augas residuais da plataforma loxístico-industrial de Salvaterra-As Neves

Tamén están moi avanzados os traballos de construción da planta de tratamento de auga potable, cuxa finalización está prevista para antes de que remate este ano

23/09/20 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, insta a Javier Losada a aproveitar a visita do secretario xeral de Infraestruturas para esixir que licite as obras da intermodal

A Xunta avanza no proxecto construtivo e na tramitación urbanística da nova estación de autobuses, co obxectivo de licitar as obras o antes posible

22/09/20 | 16:57 | A Presidencia da Xunta

Feijóo e o alcalde de Santiago avogan por reformular o Xacobeo 2021 e pedir que se prorrogue ata xullo de 2022

No eido sociosanitario, o presidente da Xunta destaca a ampliación do CHUS, cuxo proxecto está en fase de redacción, e a construción da nova residencia de maiores, con 120 novas prazas

22/09/20 | 15:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Padrón asinan un convenio para a mellora da seguridade viaria e a funcionalidade da AC-299, cun investimento autonómico de máis de 478.000 euros

O acordo dá resposta á necesidade de xestión desta estrada, urbanizada e con tráfico local, por parte do Concello

22/09/20 | 14:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e 12 concellos da área de Vigo acordan prorrogar o Plan de transporte metropolitano, tras conseguir que 86.000 veciños aforrasen 7 M€ nos seus desprazamentos

Vázquez Mourelle explica que a prórroga para o ano 2021 suporá un investimento de case 1,5 millóns de euros, dos que a Xunta achegará máis de 1,2 millóns

22/09/20 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme en estradas da contorna dos polígonos de San Cibrao das Viñas e do Pereiro de Aguiar, en Ourense

Estas actuacións, cun investimento de máis dun millón de euros, levaranse a cabo durante as vindeiras semanas coa fin de rematalas a finais de outubro

22/09/20 | 12:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/09/20 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de rehabilitación do firme na travesía do Pindo, no Concello de Carnota

Os traballos, adxudicados por un importe de máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de 1 mes