Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

28/09/20 | 14:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto da nova senda na estrada AC-421, entre Xornes e a igrexa de San Xoán, en Ponteceso

Este contrato foi adxudicado por un investimento de case 18.000 euros e ten un prazo de 6 meses

28/09/20 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta propón un novo convenio do Plan de Transporte Metropolitano da Coruña, que permitiu que 182.000 veciños aforrasen máis de 33 millóns de euros nos seus desprazamentos

O obxectivo é garantir a continuidade deste plan social nos vindeiros 4 anos, en condicións similares ás que se aplican desde a súa implantación hai case 10 anos

27/09/20 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia este luns os traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada autonómica AC-432, ao seu paso polo concello de Vimianzo

Seguirán os traballos iniciados a pasada semana na vía de alta capacidade PO-010, que conecta a circunvalación de Vigo co polígono industrial de Balaídos

26/09/20 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza dun rego na parroquia de Sobrán, no Concello de Vilagarcía de Arousa

As actuacións céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta que viña provocando obstrucións e desvíos do rego

25/09/20 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta propón un novo convenio do Plan de transporte metropolitano de Lugo, que permitiu que 8.600 veciños aforrasen preto de 1 millón de euros nos seus desprazamentos

Trátase de garantir a continuidade durante os vindeiros 4 anos do Plan, que a Administración autonómica financia nun 85% e os 9 concellos no 15% restante

24/09/20 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
24/09/20 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para redactar o Plan director de saneamento de Betanzos cun investimento de 433.000 euros

Para acometer estes traballos, cun prazo de 14 meses, presentáronse un total de 14 empresas, xa que algunhas concorreron en UTE

24/09/20 | 10:05 | C. do Medio Rural
23/09/20 | 14:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta propón un novo convenio do Plan de Transporte Metropolitano de Santiago, que permitiu que 85.700 veciños aforrasen máis de 17 millóns de euros nos seus desprazamentos

O convenio quere garantir a continuidade do Plan nos vindeiros 4 anos, cun investimento anual que rolda os 2 M€, dos que 1,7 M€ os achega a Xunta

23/09/20 | 14:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a execución dunha senda peonil na estrada autonómica AC-552, ao seu paso polo concello de Coristanco

Os traballos suporán un investimento de preto de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de 2 meses