Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

27/01/20 | 14:26

'Escenas do cambio 2020' permitirá gozar esta fin de semana de cinco pezas de danza contemporánea na Cidade da Cultura

O Gaiás recibirá do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro a figuras internacionais tan relevantes como Ezster Salamon, Ula Sickle ou Leonor Leal e creadores emerxentes como Los Bravú ou Pálido Domingo

24/01/20 | 13:24

A Xunta presenta a programación do Día da Ilustración 2020 dedicado a Cándido Fernández Mazas

A cita, promovida en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, ofrece unha vintena de actividades nas Bibliotecas Públicas galegas

23/01/20 | 16:23

A Xunta celebra o recoñecemento da Feira do Cocido de Lalín como Festa de Interese Turístico Internacional

A secretaria de Estado de Turismo avanzoulle ao conselleiro de Cultura e Turismo e ao alcalde de Lalín esta distinción ao cumprir con todos os requisitos

23/01/20 | 13:32

A Xunta colabora coa Fundación Paideia nunha nova edición das xornadas sobre industria musical

Os coloquios deste ano terán lugar na Coruña o 6 de febreiro, 5 de marzo e 2 de abril arredor da relación musical entre Galicia e Portugal, as condicións laborais nos eventos do sector e a importancia da música para as marcas, respectivamente

22/01/20 | 15:13

A Xunta apoia a organización na Cidade da Cultura do I Congreso Internacional do Teatro Galego

A Academia Galega de Teatro pon en marcha a primeira edición deste encontro, que terá lugar do 25 ao 28 de marzo baixo o lema ‘Co 2030 no horizonte’

22/01/20 | 15:09

O Concello de Ames ofrece 11 funcións de oito espectáculos dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O director xeral de Políticas Culturais participou hoxe na presentación da programación que se iniciará o vindeiro 31 de xaneiro

21/01/20 | 15:07

Talía Teatro ocupa esta semana o Salón Teatro con catro funcións de ‘Vida de cans’ e pases escolares de tres espectáculos

Cándido Pazó é o autor e director desta comedia alegórica sobre o concepto de liberdade, que Toño Casais, Dani Trillo e Artur Trillo interpretarán na sede do CDG en Santiago do xoves 23 ao domingo 26

21/01/20 | 14:53

A Xunta impulsa a primeira feira profesional de música entre Galicia e Portugal MUMI como parte de 'O teu Xacobeo'

Desenvolverase en Verín do 12 ao 14 de marzo e incluirá tamén unha programación de concertos abertos ao público xeral