Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

30/09/20 | 14:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en valor os máis de 1.100 millóns de euros mobilizados para o saneamento integral das rías e o traballo na Comisión Europea para seguir mellorando a calidade das augas

A directora de Augas de Galicia lembra as 750 actuacións levadas a cabo en materia de saneamento e abastecemento e a construción de 45 novas depuradoras que dan servizo a 1,7 millóns de galegos, o que supón máis da metade dos cidadáns

30/09/20 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta fomenta a mobilidade sostible no taxi destinando este ano máis de 1,2 millóns á compra de vehículos adaptados e de baixas emisións tras ampliar as axudas en 290.000 euros

O DOG publica unha nova ampliación de crédito dos incentivos para mercar eurotaxis ou vehículos de baixas emisións, aproveitando a partida sen esgotar habilitada para a instalación de mamparas de protección nos taxis

30/09/20 | 11:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta finaliza o izado sobre as vías do tren da pasarela da Estación Intermodal de Santiago

Nos vindeiros días comezará a execución, xa in situ, do treito que unirá a rúa do Hórreo cos tramos colocados

30/09/20 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación de empresas de transporte público beneficiarias dos 3,6 millóns de euros de anticipos cos que a Xunta achega liquidez ao sector

A medida ten por finalidade paliar o déficit financeiro por mor do estado de alarma pola covid-19 mentres continúa sen materializarse o fondo de compensación anunciado polo Goberno de España

29/09/20 | 18:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concluirá esta noite o izado sobre as vías do tren da pasarela da estación intermodal de Santiago

Esta infraestrutura, deseñada polo arquitecto Juan Herreros, é a clave da intermodalidade, xa que conectará a estación de ferrocarril coa nova terminal de autobuses

29/09/20 | 15:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Burela acordan colaborar para solicitar a Costas do Estado axilidade nos trámites para avanzar na mellora do saneamento e da nova depuradora

A directora informou ao alcalde da inminente adxudicación da redacción do proxecto de construción da nova estación depuradora de augas residuais, co obxectivo de comezar os traballos en novembro

29/09/20 | 14:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a Estratexia loxística de Galicia 2020-2028 para definir o conxunto de infraestruturas prioritarias para a competitividade do Corredor Atlántico de Mercadorías

O traballo, coordinado cos gobernos de Castela e León e Asturias, enmárcase na defensa dos intereses do Noroeste no Corredor Atlántico europeo

29/09/20 | 13:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pide ao Estado que certifique a dispoñibilidade de crédito para a dragaxe da ría do Burgo e que licite xa as obras porque xa non hai escusas

O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe a orde pola que se modifican os plans de explotación marisqueira existentes na zona co obxectivo de suspender a actividade extractiva cando comecen as obras, tal como acordaron os Executivos autonómico e central

29/09/20 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 40.000 euros á reforma e dotación de equipamentos de varios espazos do centro social de Padrón

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou as actuacións levadas a cabo no municipio ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público